Un calafrío ou arrepío é unha sensación de frío que ocorre no inicio dunha febre alta. A sensación ocorre durante a febre debido á liberación de citoquinas e prostaglandinas como parte da resposta inflamatoria, o que aumenta o punto de axuste de temperatura corporal no hipotálamo.
O aumento do punto de axuste fai que a temperatura do corpo se eleve (pirexia), mais tamén fai que o paciente sinta frío ou calafrios até que o novo punto de axuste sexa atinxido. Os tremores tamén ocorren xuntamente con calafrios, porque o corpo do paciente produce calor durante a contracción muscular nunha tentativa fisiolóxica de aumentar a temperatura do corpo até o novo punto de axuste.
Algunhas doenzas como a pneumonía produce só un arrepío con tremor mentres a malaria produce arrepios intermitentes con febre alta recorrente.