Camelo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dromedario, Camelus dromedarius
| |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución do dromedario
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Camelus bactrianus |
O camelo (Camelus) é un xénero de ungulados artiodáctilos (de número impar de dedos) que contén dúas especies: o dromedario (Camelus dromedarius), dunha xiba e o camelo bactriano (Camelus bactrianus), de dúas xibas. Ambos os dous son nativos de áreas secas e desérticas da Asia e do norte de África. O nome camelo ( pronunciación (axuda · info)) ven do grego kamelos a partir do hebraico gamal 'camelo'.
Os humanos teñen domesticado camelos desde hai milleiros de anos. Tanto o dromedario como o camelo bactriano úsanse para obtención de leite, carne e como animais de carga - o dromedario no norte da África e Oriente Medio e o camelo bactriano na Asia central. Ademais a súa pel utilízase para facer coiro e la.
Mesmo existindo arredor de 13 millóns de dromedarios hoxe en día, están extintos como animais salvaxes. Hai, porén, unha poboación salvaxe considerábel de ao redor do millón de exemplares que viven nos desertos da Australia central, descendentes de individuos que foron levados no século XIX e foron abandonados na primeira metade do século XX, ao aumentar o uso de vehículos de motor para transportar cargas.
O camelo bactriano posúe preto de 1,4 millóns de individuos, a maioría domesticados. Hai uns 1.000 camelos salvaxes no deserto de Gobi e pequenos grupos en Irán, Afganistán, Turquía e Rusia.
Ambos os dous son animais herbívoros. Poden tomar case 120 litros de auga dunha soa vez que almacena ao igual que o alimento na súa xiba e que lle permiten aguantar semanas sen beber e sen comer.
Existen tres especies de camelos actuais e outras tres fósiles:
Segundo estudos de ADN mitocondrial, Camelus ferus e Camelus bactrianus diverxeron dun antergo común hai uns 700 000 anos, no Plistoceno.
Son ruminantes sen cornos, sen fociño, cos orificios nasais formando aberturas oblicuas, o beizo superior dividido e movíbel por separado e extensíbel, sen pezuños con dous dedos diferenciados, o abdome elevado e as patas longas e delgadas. Almacena graxa na xiba, que adoita caer cara a un costado se se atopar sen reservas.
A súa esperanza de vida está arredor duns 40 ou 50 anos. Un camelo adulto mide 1,85 m á altura dos ombreiros e 2,15 m na xiba, que sobresae uns 75 cm. Os camelos poden correr a 65 km/h en carreiras curtas e manter unha velocidade de 40 km/h.
Os camelos macho teñen un órgano chamado doula no seu pescozo que é un saco inchábel que protrúe da súa boca cando está en celo, para impor a dominancia e atraer as femias. Semella unha longa lingua rosada e inchada que sae por un lado da súa boca.
A familia dos camelos é orixinaria de América e migrou a Eurasia e África grazas ás glaciacións. Isto comprobouse mediante o amplo rexistro fósil dos camélidos en América. O fósil de camélido máis antigo atopouse en Kansas, a mediados dos anos 1930.
En 2010 existían aproximadamente catorce millóns de camelos, sendo o 90 % dromedarios. Os dromedarios están entre os animais domésticos, a maioría no Corno de África, o Sahel, o Magreb, Oriente Medio e Asia meridional. A rexión do Corno ten a maior poboación de camelos do mundo, pois os dromedarios constitúen unha importante parte da vida nómade. Proporcionan aos pobos nómades de Somalia e Etiopía leite, comida e transporte.
O camelo bactriano estaba reducido en 2010 a un número estimado de 1,4 millóns de animais, a maioría domesticados. Os únicos camelos verdadeiramente salvaxes son os camelos bactrianos salvaxes, dos que aproximadamente sobreviven uns 1400 nos desertos do Gobi e Taklamakan na China e Mongolia.
A maior poboación de camelos salvaxes está en Australia, con arredor de 700 000 dromedarios salvaxes en partes centrais de Australia, descendentes dos que se introduciron como método de transporte no século XIX e comezos do XX. Esta poboación medra sobre un 8 % cada ano. Os representantes do goberno australiano sacrificaron máis de cen mil destes animais en parte a causa de que os camelos empregan demasiados dos recursos limitados necesarios para as granxas de ovellas.
Unha pequena poboación de camelos sobrevive no suroeste dos Estados Unidos tras seren importados no século XIX como parte dun experimento da U.S. Camel Corps. Cando o proxecto rematou, foron empregados como animais de tiro en minas, escaparon ou foron liberados. Vinte e cinco camelos foron levados ao Canadá durante a febre do ouro.
A four-year drought is threatening the lives of Somali nomads, and those of the camel herds on which they depend for transportation and milk
Somali pastoralists are a camel community...There is no other community in the world where the camel plays such a pivotal role in the local economy and culture as in the Somali community. According to the UN Food and Agriculture Organization (FAO, 1979) estimates, there are approximately 15 million dromedary camels in the worldPlain text version. Arquivado 02 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camelo |