O campionato de 2022 introduciu cambios significativos no regulamento técnico do deporte. Estaba previsto introducir estes cambios en 2021, pero atrasáronse ata 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Max Verstappen, que era o vixente campión de pilotos, acadou o seu segundo título no Gran Premio do Xapón, mentres que o seu equipo, o Red Bull Racing, logrou o seu quinto Campionato Mundial de Construtores, e o primeiro desde 2013, no seguinte Gran Premio dos Estados Unidos. Mercedes eran os anteriores campións de construtores.
Esta foi a última tempada para o catro veces campión do mundo Sebastian Vettel. O sete veces campión do mundo Lewis HamiltonaAfrontou unha tempada difícil con Mercedes, sen conseguir nin unha pole position nin unha vitoria nun Gran Premio durante a tempada, a primeira vez que ocorreu desde que debutara en 2007.
Equipos e pilotos
Os seguintes construtores e pilotos competiron no Campionato Mundial de 2022. Todos os equipos competiron cos pneumáticos subministrados por Pirelli.
Honda anunciou que non subministrarían unidades de potencia máis aló de 2021. A compañía proporcionou unidades de enerxía a Scuderia AlphaTauri (anteriormente chamada Scuderia Toro Rosso) desde o 2018 e a Red Bull Racing desde o 2019. Red Bull Racing asumirá o programa de motores de Honda e o xestionara internamente creando unha nova división chamada Red Bull Powertrains Limited. A decisión tomouse despois de meter presión aos outros nove equipos para que negociasen unha conxelación do desenvolvemento do motor ata 2025. Red Bull Racing recoñeceu que abandonarían o campionato se non se acordara a conxelación do desenvolvemento de motores xa que carecían da capacidade para desenvolver un novo motor e non estaban dispostos a volver ser clientes de Renault.
Panthera Team Asia anunciou a súa intención de unirse á grella en 2022. O equipo tiña previsto entrar no campionato en 2021, pero viuse obrigado a atrasar os seus plans por mor da pandemia da COVID-19. Non obstante, a falta de novas sobre o equipo puxo en dúbida a súa entrada potencial en 2022.
O piloto de Fórmula 2 Guanyu Zhou graduarase na Fórmula Un con Alfa Romeo Racing, en lugar de Antonio Giovinazzi, que deixará o equipo a finais de 2021. Zhou converteríase no primeiro piloto chinés en competir na Fórmula Un.
Nikita Mazepin debía competir orixinalmente conr Haas por segundo ano consecutivo. Tras a invasión rusa de Ucraína e a cancelación do patrocinio do título de Uralkali, recindíuse o seu contrato. Foi substituído por Kevin Magnussen, quen competiu por última vez en 2020 co mesmo equipo.
O calendario de 2022 consta de vinte e dous eventos, suxeitos a contrato entre os organizadores das carreiras e o Grupo de Fórmula Un, e as normativas permisivas co COVID-19 establecidas polos gobernos locais e o Grupo de Fórmula Un.
Os grandes premios de Portugal, Estíria e Turquía non incluíronse na lista de carreiras de 2022 . Estes Grandes Premios engadíronse especificamente ao calendario 2021 en resposta á pandemia de COVID-19, para garantir que se puidesen celebrar tantas carreiras como fose posible.
O Gran Premio de Qatar, que debutou no campionato de 2021 no Circuíto Internacional de Losail, non está presente no calendario de 2022. Está previsto que o Gran Premio volva en 2023 nun novo circuíto especialmente construído, despois dun parón dun ano durante o cal o país se centraría en acoller o Mundial de Fútbol de 2022.
O Gran Premio da China estaba baixo contrato para figurar no calendario de 2022, pero non se incluíu debido ás restricións de viaxes chinesas relacionadas coa pandemia de COVID-19. O Gran Premio regresará no campionato de 2023.
O Campionato do Mundo de 2022 deberá revisar a normativa técnica. Estes cambios estaban previstos para a súa introdución na tempada 2021, cos equipos desenvolvendo os seus coches ao longo de 2020. Non obstante, a introdución da normativa atrasouse ata o campionato de 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Unha vez anunciado o atraso, prohibiuse aos equipos realizar calquera desenvolvemento dos seus coches do 2022 durante o ano natural do 2020.
Consultouse aos pilotos sobre o desenvolvemento da nova normativa técnica, que fixóse deliberadamente restritiva para evitar que os equipos desenvolvan deseños radicais que limiten a capacidade dos pilotos para adiantarse. A FIA creou un grupo de traballo especializado, ou comité de enxeñeiros, encargado de identificar e pechar as lagoas na normativa antes da súa publicación. A eliminación das lagoas impedirá, en teoría, que un equipo teña un coche dominante e, á súa vez, permitirá unha competición máis estreita en toda a pista ao tempo que mellorará a estética dos coches. Esta filosofía foi un dos principais obxectivos da nova normativa.
Aerodinámica e carrozaría
A normativa técnica reintroducirá o uso de efecto solo por primeira vez desde que prohibíronse nos anos 80. Isto coincidirá cunha simplificación da carrozaría dos coches, facendo da parte inferior do coche a principal fonte de agarre aerodinámico. Con isto preténdese reducir as turbulencias de aire no ronsel dos coches para permitir aos pilotos seguirse máis de preto, mantendo un nivel similar de carga aerodinámica en comparación cos anos anteriores. Outros cambios na aerodinámica están destinados a limitar a capacidade dos equipos para controlar o fluxo de aire ao redor das rodas dianteiras e reducir aínda máis a estela aerodinámica dos coches. Isto inclúe a eliminación de deflectores, os complexos dispositivos aerodinámicos que manipulan o fluxo de aire ao redor do corpo do coche. simplificarase a á frontal e as placas traseiras, reducindo o número e a complexidade dos elementos aerodinámicos. A á dianteira tamén debe conectarse directamente coa punta do morro a diferenza dos deseños anteriores a 2022 onde a á podía conectarse ao morro mediante soportes para crear un espazo baixo o monocasco, fomentando así o fluxo de aire debaixo do coche a través da superficie máis grande da á e do aumento da altura do morro. As ás traseiras serán máis anchas e montadas máis altas que en anos anteriores, con restricións adicionais para limitar a capacidade dos equipos de usar os gases de escape do coche para xerar carga aerodinámica e requirirase revestir a carrozría de goma para minimizar o risco de que os compoñentes se rompan nos coches, para minimizar o risco de bandeiras amarelas nun sector, coches de seguridade e paradas. As cifras publicadas polo grupo de traballo revelaron que, cando un coche coas especificacións de 2019 seguía a outro coche só tiña o 55% dos seus niveis normais de carga aerodinámica dispoñible, un coche coas especificacións de 2022 que seguise a outro coche tería ata o 86% dos seus niveis normais de carga aerodinámica.
Os equipos restrinxiranse aínda máis no número de melloras aerodinámicas que poden introducir no coche, tanto durante a fin de semana de carreira como durante o campionato. Estas regras introducíronse para reducir aínda máis os custos da competición. Tras a decisión de atrasar a normativa de 2021 a 2022, o desenvolvemento aerodinámico dos coches prohibúse desde o 28 de marzo ata finais de 2020.
Unidades de potencia
Os debates sobre a normativa sobre motores de 2021 comezaron en 2017 e finalizáronse en maio de 2018. A normativa proposta consistía en eliminar a Unidade de recuperación de calor ( MGU-H) para simplificar a tecnoloxía empregada no motor mentres aumenta o límite máximo de revolucións en 3000 rpm. Outras propostas alcumadas como "plug-and-play" verían aos fornecedores de motores obrigados pola normativa a facer os compoñentes individuais dos motores compatibles universalmente, permitindo aos equipos obter os seus compoñentes de múltiples provedores.
Os fabricantes tamén estarán suxeitos a unha regulación similar sobre os materiais dispoñibles comercialmente xa que os construtores de chasis estaran suxeitos a partir de 2021. As propostas deseñáronse para simplificar a tecnoloxía dos motores e facer o deporte máis atractivo para os novos participantes. Non obstante, como ningún novo provedor de unidades de potencia se comprometeu para entrar no deporte a partir de 2021, os provedores existentes propuxeron manter a fórmula da unidade de potencia existente nun intento de reducir os custos globais de desenvolvemento.
O sistema de cotas dos compoñentes da unidade de potencia continuará en 2021, recibindo os equipos un número limitado de compoñentes individuais que se poden usar antes de incorrer nunha penalización. O sistema de escape engadirase á lista de compoñentes, cos equipos autorizados a usar un máximo de seis ao longo do campionato.
Compoñentes estandarizados
O deporte pretende introducir unha serie de compoñentes estandarizados a partir de 2022, coa normativa que prevé que os compoñentes estándar estean en vigor ata 2024. Estes compoñentes normalizados inclúen a caixa de cambios e o sistema de combustible. Algúns compoñentes aerodinámicos, como a bandexa que se atopa na parte dianteira do chan do coche, tamén se normalizarán para restrinxir a capacidade dos equipos para desenvolver a área e gañar unha vantaxe competitiva. As pezas individuais clasificaranse agora como un xeito de aclarar as regras que as rodean:
"Pezas listadas" refírese ás pezas do coche que os equipos están obrigados a deseñar por si mesmos.
"Pezas estándar" é o nome que reciben as pezas do coche que deben empregar todos os equipos, incluídas as pinas e os equipos empregados nas paradas en boxes.
As "pezas transferibles" son pezas que un equipo pode desenvolver e vender a outro equipo, como a caixa de cambios e o embrague.
As "pezas prescritas" son pezas que os equipos están obrigados a desenvolver segundo un conxunto de regulamentos prescritivos. As pezas prescritas inclúen pasos de roda e aerodinámica de rodas.
As "pezas de código aberto" poden ser desenvolvidas colectivamente por equipos e vendidas aos clientes. Os volantes e o mecanismo DRS están listadas como pezas de código aberto.
O sistema de categorización de pezas introduciuse para permitir a liberdade de deseño xa que a revisión da normativa aerodinámica era moi prescritiva.
Pneumáticos
O campionato pasará de rodas de 13 polgadas (33 cm.) a 18 polgadas (45´7 cm.). Orixinalmente propúxose que se prohibirá o uso de mantas eléctricas deseñadas para quentar os pneumáticos e manter os pneumáticos á temperatura de funcionamento óptima mentres non se usan aínda que esta decisión foi posteriormente anulada logo da oposición do fornecedor de pneumáticos Pirelli. Os quentadores de pneumáticos pasarán a converterse nun equipo estandarizado, e todos os equipos deberán usar o mesmo produto co fin de eventualmente eliminalos por completo.
Normas deportivas
Sistema de puntos Sprint e eventos
Despois de probarse por primeira vez baixo o nome de "clasificación ao sprint" en 2021, o formato volveu tamén para este campionato co nome cambiado a "sprint". O formato de fin de semana non cambiará desde 2021 e correráse nos Grandes premios de Emilia Romaña, Austria e São Paulo con puntos agora concedidos aos oito primeiros clasificados en lugar dos tres primeiros clasificados, como foi o caso de 2021. A diferenza da tempada anterior, o piloto que marca o mellor tempo na cualificación acreditarase como o polesitter oficial, sendo o gañador do sprint o que ten dereito a comezar o Gran Premio desde o primeiro lugar na grella.
Non se outorgarán puntos a non ser que se completaran un mínimo de dúas voltas baixo as condicións de bandeira verde.
Se se completan máis de dúas voltas, pero menos do 25% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos sobre unha base de 6–4–3–2–1 aos 5 primeiros.
Se se completa entre o 25% e o 50% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos de 13–10–8–6–5–4–3–2–1 aos 9 primeiros.
Se se completa entre o 50% e o 75% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos de 19–14–12–9–8–6–5–3–2–1 aos 10 primeiros.
Se se completa máis do 75% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos completos.
Os criterios anteriores estiveron en vigor durante máis de 40 anos antes do cambio, modificando a última vez entre a tempada de Fórmula Un de 1977 e a tempada de 1980.
Procedemento de seguridade do coche
Á luz da polémica arredor do coche de seguridade no Gran Premio de Abu Zabi de 2021, modificáronse os procedementos para o reinicio do coche de seguridade. En lugar de agardar ata a volta despois de que o último coche se desdobre do líder, o coche de seguridade retirarase agora unha volta despois de que se dea a instrución de que os coches que se atopan en voltas poden desdobrarse.
Elección do pneumático
Descartouse a norma que estaba en vigor desde 2014, que obrigaba aos pilotos a comezar a carreira cos pneumáticos que utilizaron para marcar o seu mellor tempo na cualificación. Todos os pilotos terán agora libre elección de pneumáticos para a saída no Gran Premio o domingo en todos os eventos.
Pneumáticos
A categoría cambiará ao uso de pneumáticos de 18 polgadas en lugar dos actuais de 13 polgadas. Inicialmente propúxose que se prohiba o uso de quentadores de pneumáticos (cobertas eléctricas deseñadas para manter os pneumáticos a temperatura óptima de funcionamento cando non están en uso) pero esta decisión reverteuse tras a forte oposición do fornecedor de pneumáticos, Pirelli. Pola contra, os quentadores de pneumáticos converteranse en equipos estandarizados con todos os equipos utilizando o mesmo produto co obxectivo de eventualmente eliminalos por completo.
Compostos de pneus fornecidos por Pirelli para a tempada de 2022 da Fórmula 1
Debido ao cambio no regulamento técnico, a Fórmula Un decidiu realizar dúas probas de inverno en dúas pistas diferentes para axudar aos equipos a reunir máis datos sobre os seus novos coches, sendo o Circuíto de Barcelona-Catalunya en Montmeló a sede da primeira os días 23 e 25 de febreiro e o Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir o que acolleu o segundo os días 10 e 12 de marzo.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
‡ concedéronse metade dos puntosn no Gran Premio de Bélxica xa que completouse menos do 75% da distancia programada debido á intensa choiva. A volta rápida non se concedeu na clasificación final.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
‡ concedéronse metade dos puntosn no Gran Premio de Bélxica xa que completouse menos do 75% da distancia programada debido á intensa choiva. A volta rápida non se concedeu na clasificación final.
Notas
↑Na historia da Fórmula 1, as regulacións da Fórmula 1 presentáronse por primeira vez durante a tempada de Grandes Premio de 1946. Estas adaptáronse para todas as carreiras en 1948, e oraganizáronse oficialmente nun campionato en 1950.
↑Max Verstappen exerceu o seu dereito a utilizar o número 1 como vixente campión do mundo. O seu número persoal, o 33, segue reservado para el.
↑Alexander Albon competiu anteriormente como piloto tailandés. Despois de que a Axencia Mundial Antidopaxe descubrise que Tailandia "incumpre" o seu código, prohibiu a Tailandia competir en campionatos mundiais, suxeito a unha apelación prevista.
↑Segundo a normativa técnica, o provedor de motores que fornece o menor número de equipos con motores está obrigado a fornecer motores a calquera equipo sen provedor. No momento do anuncio de Honda da súa retirada, tanto Mercedes como Ferrari fornecían máis equipos que Renault e non estaban dispostos a subministrar motores a Red Bull Racing, deixando a Renault como a única alternativa de Red Bull Racing.
↑ O efecto chan xa se permitiu ata a tempada 1983 cando o concepto prohibiuse por preocupacións sobre o aumento da velocidade en curva e deseños de automóbiles radicais como o Brabham BT46B "coche ventilador".
↑Verstappen acadou a pole position despois da cualificación, e tamén comezou primeiro no Gran Premio despois de quedar primeiro no sprint.
↑Max Verstappen logrou a pole position despois da cualificación. Tamén comezou a carreira na primeira posición despois de gañar o sprint.
↑Max Verstappen marcou o mellor tempo na cualificación, pero foi obrigado a comezar a carreira desde a parte traseira da grella por superar a súa cota de elementos de unidade de potencia. Tamén recibiu unha penalización de cinco postos na grella por unha nova transmisión da caixa de cambios.Carlos Sainz Vázquez de Castro ascendeu a pole position no seu lugar.
↑Kevin Magnussen foi acreditado coa pole position despois da cualificación.
↑ O punto só se concede se o piloto remata a carreira entre os dez primeiros. No caso de que o piloto que acade a volta rápida fose fóra dos dez primeiros, non se outorgará o punto da volta rápida para esa carreira.
↑A cualificación ao Sprint tivo lugar no Gran Premio de Emilia Romagna, Austria e no Gran Premio de São Paulo.
↑"Triple threat". McLaren Racing(en inglés). McLaren Racing Ltd. 2021-07-03. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-04. ...xa temos pezas de proba do MCL36 en fabricación, así como compoñentes que requiren un maior prazo de fabricación, como o chasis e a carcasa da caixa de cambios.
↑Cooper, Adam (30 de setembro de 2021). "F1 confirms Qatar GP on 2021 calendar as part of long-term deal". Autosport.com(en inglés). Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2021. Consultado o 30 de setembro de 2021. Non haberá Gran Premio en 2022 xa que o país centrarase en acoller a Copa do Mundo da FIFA que comezará exactamente un ano despois da primeira carreira de Fórmula Un. O evento volverá entón en 2023 nun lugar aínda por confirmar, cun novo circuíto agora en fase de planificación.