A carpintaría ou carpintería é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados. É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999. Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.
Etimoloxía
A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latíncarpentrius , "(fabricante) dun transporte".
Carpintaría en Galicia
Xaquín Lorenzo recolle diferentes tipos de carpinteiros na cultura popular galega:
Carpinteiro de taller: artesán que traballa nun obradoiro, que normalmente está na súa propia vivenda.
Carpinteiro de armar: aquel que se adica a montar as armazóns do teito, botar os pisos de madeira de corredores e sobrados. Tamén coñecidos como carpinteiros de baloira
Os que estaban especializados na elaboración dun útil como, por exemplo: o fragueiro (carros), rodeiro (rodas), xugueiro (xugo), torneiro (madeira torneada), cubeiro (bocois).
Refraneiro::»" class="mw-editsection-visualeditor">editar | editar a fonte]
Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro.
Na casa do ferreiro coitelo de pau e na do carpinteiro a porta no chau.
Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro, e filla de taberneiro non as queiras por ningún diñeiro.
Na casa do carpinteiro a porta no chau.
Na casa do carpinteiro sentarse no chau.
Cantigueiro:
Aprendin á carpinteiro/ n'a vila de Guimaráns./ Fago cangallas pra os pòrcos/ e tarambollos para os cans.
Non te cases cun ferreiro/ que o pican as moxicas;/ cásate cun carpinteiro/ que fai as arcas bonitas
Estudos:
Hoxe en día, en Galicia existen diferentes estudos de ciclos de Formación Profesional que permiten aprender e capacitarse como carpinteiro ou carpinteiro de ribeira con altas taxas de incorporación laboral:
Ciclo formativo de grao básico de carpintaría e moble.
Ciclo formativo de grao básico de mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.
Ciclo formativo de grao medio de mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo.
Ciclo formativo de grao medio de carpintaría e moble.
Ciclo formativo de grao medio de instalación e amoblamento.
Ciclo formativo de grao superior de deseño e amoblamento.
↑Consellería de Educación, Universidade e FP (2018). Inserción laboral do alumnado de formación profesional que rematou os seus estudos no curso 2015-16. IDEARA S.L.