Castelán centroamericano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español centroamericano | |
Falado en: | América Central | |
Total de falantes: | 43 000 000 en total
| |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán centroamericano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala O Salvador Honduras Nicaragua Costa Rica | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán centroamericano é o nome xeral dos dialectos da lingua castelá falados en América Central. Máis polo miúdo, o termo refírese á lingua castelá falada en Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua. Malia que Panamá forma parte de América Central, o castelán panameño clasifícase como unha variedade do castelán caribeño.
En moitos casos, as variedades de castelán centroamericano amosan trazos intermedios entre as variantes conservadoras (chamadas "das terras altas") e as radicais do continente (chamadas "das terras baixas"). O principal punto de cohesión do castelán falado en América Central é o voseo.