Nome orixinal | (grc) Κοῖος |
---|---|
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Familia | |
Cónxuxe | Febe |
Fillos | Astéria (pt) , Aphirape (en) , Lelantos (en) , Latona (en) , Leto |
Pais | Urano e Xea |
Na mitoloxía grega, Ceos (en grego antigo Κοῖος Koĩos), 'o que sabe', 'o que pensa') era o Titán da intelixencia. Os Titáns eran os fillos xigantes de Urano (o Ceo) e Gaia (ou Xea, a Terra).
Ceos casou coa súa irmá Febe, titánide do brillo e a Lúa, da que tivo dúas fillas: Leto (a deusa do anoitecer) e Asteria (a deusa das estrelas).
De Zeus (fillo de Crono e Rea), Leto xerou a Artemisa e a Apolo.
Ceos representaba a adiviñación polas estrelas, así como o eixe norte do ceo arredor do cal xiraban as estrelas, polo que recibiu o nome de Polos (en grego antigo Πόλος Pólos), "a bóveda celeste".
Como a súa muller (e irmá) e os seus fillos, forma parte dos Titáns siderais, e moitos mitólogos contemporáneos supoñen que baixo o reino de Cronos, presidía a boa marcha do Zodíaco.
Canda a súa muller, que representaba o centro da Terra (entendida como un disco plano), despuntou como un dos primeiros deuses proféticos, sendo Ceo o voceiro da sabedoría do seu pai Urano, e Febe a da súa nai Xea.
Neste sentido as súas dúas fillas representaban as dúas ramas da clarividencia: Leto e o seu fillo Apolo presiden o poder profético da luz e o ceo, mentres que Asteria e a súa filla Hécate fano do da noite, a escuridade e os espíritos dos mortos.
Así mesmo Apolo dividía o seu tempo entre o oráculo de Delfos, no centro da Terra, que presidía a súa avoa e, durante o inverno, nas rexións hiperbóreas, próximas ao polo que representaba o seu avó Ceo. Ambos lugares estaban custodiados por s, Pitón en Delfos e a constelación de Draco no norte axial, podendo estes representar á parella de Titáns. Segundo esta versión, Ceo sería o dragón que Atenea lanzou ao firmamento durante a Titanomaquia.
Na Titanomaquia, despois de dez anos de combate, Ceos, cos demais Titáns, foi derrotado por Zeus e os demais deuses olímpicos, axudados polos Ciclopes e os Hecatónquiros, que o encerraron no Tártaro.
Os autores posthesiódicos e latinos sitúan a Ceos entre os Xigantes xurdidos, para Virxilio, da Terra, ben dela soa ou dela e do Tártaro, pero Hixino prefire máis ben a Polos como Titán, fillo de Urano e de Gaia e como esposo da titánide Febe.