A clasificación para a Eurocopa 2016 é o torneo de fútbol no que se determinan as seleccións que xogan a final da Eurocopa 2016 que se vai celebrar en Francia. O torneo principiou o 7 de setembro de 2014 e o seu remate está previsto para o 17 de novembro de 2015.
A selección de Francia non participa do torneo por estar de seu clasificada na súa calidade de país anfitrión da fase final da Eurocopa 2016, son xa que logo as outras 53 asociacións afiliadas á UEFA as que disputan os outros 23 postos.
A competición marcou a estrea da selección de Xibraltar en competicións europeas logo que a UEFA a admitira como membro de pleno dereito en maio de 2013.
O 24 de xaneiro de 2014 a UEFA estableceu os bombos para o sorteo da fase de clasificación, dividindo as 53 seleccións participantes entre 6 bombos segundo a súa orde no coeficiente UEFA a 12 de decembro de 2013. Cinco bombos conformáronse con 9 equipos e o sexto acolleu ás 8 seleccións co peor coeficiente.
O coeficiente UEFA calculouse tendo en conta os puntos logrados por cada selección nas seguintes competicións:
Entre paréntese indícase o coeficiente de cada equipo.
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 |
---|---|---|
1.España (42 158) |
10. Ucraína (31 156) |
19. Serbia (25 985) |
Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
28. Montenegro (22 991) |
37. Islandia (19 243) |
46. Luxemburgo (14 050) |
O sorteo efectuouse no Palais das Congrès Acropolis de Niza, Francia o 23 de febreiro de 2014 e o procedemento aplicado polo Comité Executivo da UEFA foi o seguinte:
Para a realización do sorteo o Comité Executivo da UEFA tomou en consideración o seguinte:
Dese xeito quedaron conformados o nove grupos do torneo.
O torneo clasificatorio consta dunha fase de grupos e a fase de play-offs:
As 53 seleccións participantes divídense en 9 grupos, 8 grupos de 6 equipos e un grupo de 5. Xógase en todos os grupos cun sistema de todos contra todos a partidos de ida e volta, os equipos clasifícanse consonte os puntos logrados, que se outorgados da seguinte maneira:
Se ao remate dos partidos de grupo, dous ou máis equipos terminan empatados en puntos aplícanse os seguintes criterios de desempate:
Os 9 gañadores de grupo, os 9 segundos de grupo e o mellor terceiro clasifican directamente para a fase final da Eurocopa. Para determinar o mellor dos terceiros lugares elimínase o resultado que estes equipos obteñan contra o último situado do seu respectivo grupo, salvante o terceiro lugar do grupo I que só conta con 5 equipos, e elabórase unha táboa baixo os seguintes criterios, en orde de aparición:
Os 8 restantes terceiros lugares pasan a disputar a fase de play-offs para definir os últimos catro clasificados, estes 8 equipos emparéllanse en 4 series de dous equipos que se enfrontan en partidos de local e visitante cun sistema de eliminación directa. En cada serie, clasifícase para a Eurocopa 2016 o equipo que marque máis goles en ambos os dous partidos. Se ambos os equipos marcan a mesma cantidade de goles nos dous partidos aplícase a regra do gol de visitante, se os goles marcados de visitante polos equipos é o mesmo ou se os dous partidos terminan en empate a cero procédese a xogar un tempo extra de dous períodos de 15 minutos cada un ao finalizar o partido de volta. De non marcaren no tempo extra establécese o gañador mediante tiros desde o punto de penal. De marcaren os dous equipos o mesmo número de tantos declárase gañador ao equipo visitante en base á regra do gol de visitante.
As datas das xornadas foron decidiunas a UEFA o 1 de marzo de 2013, o calendario completo coas datas dos partidos confirmouno o 23 de febreiro de 2014, despois de se realizar o sorteo.
Fase | Xornada | Data |
---|---|---|
Fase de grupos | Xornada 1 | Do 7 ao 9 de setembro de 2014 |
Xornada 2 | Do 9 ao 11 de outubro de 2014 | |
Xornada 3 | Do 12 ao 14 de outubro de 2014 | |
Xornada 4 | Do 14 ao 16 de novembro de 2014 | |
Xornada 5 | Do 27 ao 29 de marzo de 2015 | |
Xornada 6 | Do 12 ao 14 de xuño de 2015 | |
Xornada 7 | Do 3 ao 5 de setembro de 2015 | |
Xornada 8 | Do 6 ao 8 de setembro de 2015 | |
Xornada 9 | Do 8 ao 10 de outubro de 2015 | |
Xornada 10 | Do 11 ao 13 de outubro de 2015 | |
Play-offs | Ida | Do 12 ao 14 de novembro de 2015 |
Volta | Do 15 ao 17 de novembro de 2015 |
A partir deste proceso clasificatorio a UEFA adoptou o concepto da "Semana do Fútbol" que se aplicará nos torneos de clasificación para a Eurocopa e a Copa Mundial de Fútbol, este novo concepto comprende as seguintes consideracións:
Clasificado para a Eurocopa 2016. | |
Vai aos Play-offs. |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Islandia | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 15 | 3 | 12 |
República Checa | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 16 | 10 | 6 |
Turquía | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 11 | 9 | 2 |
Países Baixos | 10 | 8 | 3 | 1 | 4 | 13 | 10 | 3 |
Letonia | 4 | 8 | 0 | 4 | 4 | 4 | 16 | -12 |
Casaquistán | 2 | 8 | 0 | 2 | 6 | 5 | 16 | -11 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gales | 18 | 8 | 5 | 3 | 0 | 9 | 2 | 7 |
Bélxica | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 17 | 3 | 14 |
Israel | 13 | 8 | 4 | 1 | 3 | 14 | 9 | 5 |
Bosnia e Herzegovina | 11 | 8 | 3 | 2 | 3 | 12 | 10 | 2 |
Chipre | 9 | 8 | 3 | 0 | 5 | 12 | 13 | -1 |
Andorra | 0 | 8 | 0 | 0 | 8 | 3 | 30 | -27 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 17 | 3 | 14 |
Eslovaquia | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 13 | 5 | 8 |
Ucraína | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 12 | 3 | 9 |
Belarús | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 5 | 14 | -9 |
Luxemburgo | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 4 | 17 | -13 |
Macedonia | 3 | 7 | 1 | 0 | 6 | 6 | 15 | -9 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 22 | 7 | 15 |
Polonia | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 29 | 7 | 22 |
Irlanda | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 17 | 5 | 12 |
Escocia | 11 | 8 | 3 | 2 | 3 | 14 | 10 | 4 |
Xeorxia | 6 | 8 | 2 | 0 | 6 | 5 | 14 | -9 |
Xibraltar | 0 | 8 | 0 | 0 | 8 | 2 | 46 | -44 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inglaterra | 21 | 7 | 7 | 0 | 0 | 24 | 3 | 21 |
Suíza | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 16 | 6 | 10 |
Estonia | 10 | 7 | 3 | 1 | 3 | 4 | 5 | -1 |
Eslovenia | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 14 | 10 | 4 |
Lituania | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 4 | 13 | -9 |
San Mariño | 1 | 7 | 0 | 1 | 6 | 0 | 25 | -25 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Irlanda do Norte | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 12 | 6 | 6 |
Rumania | 16 | 8 | 4 | 4 | 0 | 7 | 1 | 6 |
Hungría | 13 | 8 | 3 | 4 | 1 | 6 | 4 | 3 |
Finlandia | 10 | 8 | 3 | 1 | 4 | 7 | 8 | -1 |
Illas Feroe | 6 | 8 | 2 | 0 | 6 | 5 | 12 | -7 |
Grecia | 3 | 8 | 0 | 3 | 5 | 2 | 8 | -6 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Austria | 19 | 7 | 6 | 1 | 0 | 12 | 2 | 10 |
Suecia | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 10 | 5 | 5 |
Rusia | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 10 | 4 | 6 |
Montenegro | 8 | 7 | 2 | 2 | 3 | 6 | 8 | -2 |
Liechtenstein | 5 | 7 | 1 | 2 | 4 | 2 | 14 | -12 |
Moldavia | 2 | 7 | 0 | 2 | 5 | 3 | 10 | -7 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Italia | 18 | 8 | 5 | 3 | 0 | 11 | 5 | 6 |
Noruega | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 10 | 8 | 2 |
Croacia | 14 | 8 | 4 | 3 | 1 | 16 | 5 | 11 |
Bulgaria | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 7 | 9 | -2 |
Acerbaixán | 6 | 8 | 1 | 3 | 4 | 6 | 13 | -7 |
Malta | 2 | 8 | 0 | 2 | 6 | 3 | 13 | -10 |
Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Portugal | 15 | 6 | 5 | 0 | 1 | 8 | 4 | 4 |
Dinamarca | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 8 | 4 | 4 |
Albania1 | 11 | 6 | 3 | 2 | 1 | 7 | 3 | 4 |
Armenia | 2 | 7 | 0 | 2 | 5 | 5 | 11 | -6 |
Serbia1 | 1 | 6 | 1 | 1 | 4 | 5 | 11 | -6 |
Para elaborar a táboa dos mellores terceiros han eliminarseos resultados que estes equipos lograran contra os últimos clasificados dos seus respectivos grupos co obxectivo de equiparar o número de partidos xogados co terceiro do grupo I, o que só conta con 5 equipos. Ao terceiro do grupo I queda tal cal está, sen lle quitar puntos.
Clasificado para a Eurocopa 2016. | |
Vai aos Play-offs. |
Selección | Gr. | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ucraína | C | 12 | 6 | 4 | 0 | 2 | 11 | 3 | 8 |
Hungría | F | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 6 | 4 | 2 |
Croacia | H | 11 | 7 | 3 | 3 | 1 | 14 | 5 | 9 |
Albania | I | 11 | 6 | 3 | 2 | 1 | 7 | 3 | 4 |
Rusia | G | 10 | 6 | 3 | 1 | 2 | 9 | 3 | 6 |
Irlanda | D | 9 | 6 | 2 | 3 | 1 | 6 | 5 | 1 |
Israel | B | 7 | 6 | 2 | 1 | 3 | 6 | 8 | -2 |
Turquía | A | 6 | 6 | 1 | 3 | 2 | 7 | 8 | -1 |
Estonia | E | 6 | 5 | 2 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 |
Oito seleccións, divididas en 4 series de 2 equipos, participan nos play-offs. Os emparellamentos quedarán definidos mediante un sorteo que se realizará o 18 de outubro de 2015 en Nyon, Suíza.
Atualizado a 08 de setembro de 2015, 00h30
Equipo | Fase | Data | Participacións previas1 |
---|---|---|---|
Francia | Organizador | 28 de maio de 2010 | 8 (1960, 1984, 1992, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) |
Inglaterra | Grupo E | 5 de setembro de 2015 | 81968, 1980, 1988, 1992, 1996, 2000, 2004, 2012) | (
República Checa2 | Grupo A | 6 de setembro de 2015 | 81960, 1976, 1980, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) | (
Islandia | Grupo A | 6 de setembro de 2015 | 0 (estrea) |