Eden Hazard | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eden Hazard | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 1991 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | La Louvière | ||
Altura | 1,70 m | ||
Posición | Mediapunta | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–2003 | Royal Stade Brainois | ||
2003–2005 | Tubize | ||
2005–2007 | Lille | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2012 | Lille | 147 | (36) |
2012–2019 | Chelsea | 245 | (85) |
2019–2023 | Real Madrid | 54 | (4) |
Selección nacional | |||
2006 | Bélxica sub-15 | 5 | (1) |
2006 | Bélxica sub-16 | 4 | (2) |
2006–2008 | Bélxica sub-17 | 17 | (2) |
2007–2009 | Bélxica sub-19 | 11 | (6) |
2008– | Bélxica | 100 | (30) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de maio de 2019. Selección: actualizado a 24 de marzo de 2019. | |||
Eden Michael Hazard (pronunciación francesa: ), nado o 7 de xaneiro de 1991 en La Louvière, é un exfutbolista profesional belga. Xogaba principalmente de mediapunta ou de extremo. Hazard é coñecido pola súa creatividade, velocidade e habilidade técnica. Anunciou a súa retirada en outubro de 2023.
Foi internacional coa selección belga, e representou o seu país nas categorías sub-17 e sub-19. Fixo o seu debut coma profesional en novembro de 2008, con 17 anos e 316 días, nun amigábel contra Luxemburgo. Case tres anos despois do seu debut, Hazard anotou o seu primeiro gol como internacional contra Casaquistán en outubro de 2011.