Cracovia (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 1 027 503 habitantes no ano 2013 (1,4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia desde 1999.
Tradicionalmente afírmase que o nome de Cracovia deriva de Krakus (tamén Krak ou Grakch), o lendario fundador da cidade e líder da tribo dos Lechitians. En polaco, Kraków é unha forma posesiva arcaica de Krak e, esencialmente, significa "(cidade) de Krak". O nome de Krakus podería provir de "krakula", unha verba protoeslava que designa o bastón dun xuíz, ou da palabra protoeslava "krak", que significa carballo, árbore considerada sacra.
Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, xa que a cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie. A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. Foi atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.
O Centro Histórico de Cracovia foi inscrito pola UNESCO en 1978 na lista do Patrimonio da Humanidade, o mesmo ano en que Karol Wojtyła, ata entón arcebispo de Cracovia, foi elixido Papa. A cidade é sede dunha das máis antigas e prestixiosas universidades de Europa, a Universidade Iaguelónica, universidade que conta ademais cun Centro de Estudos Galegos.
Centro histórico de Cracovia | |
---|---|
Vista do centro histórico | |
Krakow-Old-Town(Stare-Miasto-Planty)Royal-Route.jpg Plano do centro histórico | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Polonia |
Localización | Cracovia |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV |
Inscrición | 1978 (II sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 29 |
|
Cracovia (Polonia)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cracovia |
Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Bergen Boloña Bruxelas Praga Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Rotterdam Porto |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cracovia |