Cruzcampo | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1904 |
Localización | Sevilla |
Industria | Cervexa |
Na rede | |
http://www.cruzcampo.es | |
Cruzcampo é a primeira empresa cervexeira do Estado español no que se refire a volume de vendas. A súa sede está na cidade de Sevilla (España), e pertence ao Grupo Heineken.
Cruzcampo foi fundada en 1904 polos portuenses Roberto e Tomás Osborne Guezala, pertencentes á saga dos Osborne. A fundación en Sevilla, toma o seu nome de La Cruz del Campo, un templete situado no que daquela eran os campos que circundaban Sevilla.
O rei lendario de Gambrinus (Flandres, Bélxica, século XIII), é o símbolo oficial da empresa dende 1926.
Na actualidade forma parte da multinacional neerlandesa Heineken, que lla comprou a Guinness no 2000. Segue sendo a máis vendida en Sevilla.