Cyanocorax affinis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Cyanocorax affinis
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Cyanocorax affinis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.
Propia de América Central e do noroeste de América do Sur, encóntrase en Colombia, Costa Rica, Panamá e Venezuela, por debaixo dos 2 700 msnm. O seu hábitat natural son os bosques tropicais, aída que tamén vive en bosques moi degradados.
A esoecie foi descrita en 1856 polo ornitólogo austríaco August von Pelzeln.
É unha pega que mide 34 cm de lonxitude. Distínguese facilmente polo seu patrón facial e o seu ollo amarelo. A cabeza e o peito son, na maioría dos espécimes, de cor negra con manchas da violeta a azul por encima e por debaixo do ollo, así como por unha franxa malar violeta azulada. Os xuvenís non posúen estas manchas. As partes inferiores son brancas, así como a punta da cola, mentres que as partes superiores e as ás son principalmente de cor azul violácea escura.
A súa dieta adoita consistir en froita e invertebrados. Ocasionalmente consome pequenos vertebrados, como ras, geckos ou lagartos. É común que siga ás formigas lexionarias para alimentarse doutros insectos que foxen ao seu paso.
Caracterízase por ser unha especie ruidosa e gregaria, aínda que discreta e tímida, sobre todo en contacto cos humanos. Adoita alimentarse en grupos de entre 3 a 8 individuos, a nivel do solo e rara vez ao descuberto. Aliméntase en todos os niveis dos bosques, movéndose entre as árbores e sobre a terra mediante saltos longos e áxiles. Adoita agocharse entre a follaxe e rara vez voa sobre espazos abertos.
A reprodución efectúase entre xaneiro e maio. É unha especie monógama, e presúmese que é un reprodutor social. Tanto o macho como a femia participan na elección do sitio e a construción do niño, aínda que esta toma un papel predominante na incubación, que dura 17 días. O tamaño medio de cada posta é de catro ovos, que son de cor gris fume.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cyanocorax affinis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cyanocorax affinis |