DHC Delft

DHC Delft
NomeDelfia Hollandia Combinate
Fundación17 de marzo de 1910
EstadioBrasserkade, Delft
PresidenteVacante
AdestradorRob de Lange
LigaSunday Hoofdklasse A (2014-2015)
Na rede
http://www.dhc-delft.nl/
Titular

Delfia Hollandia Combinatie (coñecido habitualmente polas súas siglas DHC), é un club de fútbol da cidade de Delft, na Holanda Meridional (Países Baixos). Na tempada 2016-2017 xoga na liga de fútbol afeccionado Hoofdklasse A.

Historia

A Selección dos Países Baixos en 1933. O xogador máis á dereita é Joop van Nellen, do DHC Delft

O equipo foi fundado o 17 de marzo de 1910. O DHC participou nas competicións de fútbol profesional desde 1955 a 1968, chegando a rematar dúas veces en segunda posición na segunda categoría do país (Eerste Divisie). Previamente, en 1933, un dos seus xogadores, Joop van Nellen, chegou a formar parte da Selección dos Países Baixos nun partido xogado ante a Selección de Bélxica.

En 1967, o DHC acadou a derradeira posición na Eerste Divisie e, por mor dos problemas financeiros derivados dese feito, o club viuse obrigado a fusionarse cunha sección do Xerxes de Rotterdam, que daquela xogaba na  primeira división do país. No entanto, os problemas financeiros non acabaron e a entidade acabou por disolverse.

Un ano antes da fusión co Xerxes, en 1966, e fóra do fútbol profesional, o DHC puxo en marcha unha nova sección de afeccionados que comezou competindo na Vierde Klasse (a sétima categoría do fútbol holandés da época). Algo máis dunha década máis tarde, o DHC acadou as ligas superiores do fútbol afeccionado, ata que en 1983 e en 1985 conseguiu o campionato do fútbol afeccionado holandés.

Notas

  1. "Indelingen Divisies en hoofdklassen bekend" Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Voetbal Rotterdam. 28 de xuño de 2017. (En neerlandés)
  2. "DHC – Heden & verleden" Arquivado 16 de xuño de 2013 en Archive.is. En DHC-delft.nl. (En neerlandés)

Véxase tamén

Ligazóns externas