Dana International

Infotaula de personaDana International

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) דנה אינטרנשיונל Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) ירון כהן Editar o valor em Wikidata
2 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Tel Aviv, Israel Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesדנה אינטרנשיונל Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
EducaciónIroni Alef High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , artista discográfico , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea, lingua inglesa, árabe, lingua castelá, lingua italiana, lingua rusa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e Contrabaixo Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoHed Arzi Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2011Festival de Eurovisión 2011
1998Festival Eurovisão da Canção 1998 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
male-to-female gender-affirming surgery (en) Traducir
gañador
received gender confirmation surgery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdanainternational.co.il →  Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0969363 Facebook: danainternational Twitter: dana_inter Instagram: danainternational Youtube: UC8eC4-NZErDFqBFx5Ur1d9Q Spotify: 03IVYRlAC972SOHPb86Usr iTunes: 121676788 Musicbrainz: f92469be-f755-433a-be19-8bd0c9040e5a Discogs: 104484 Allmusic: mn0000499856 Deezer: 3556 Genius: Dana-international Editar o valor em Wikidata

Sharon Cohen (en hebreo: שרון כהן), nada en Tel Aviv o 2 de febreiro de 1972 é unha cantante e compositora israelí, máis coñecida como Dana International (en hebreo: דנה אינטרנשיונל). Gañou o Festival de Eurovisión en 1998 representando a Israel co éxito "Diva", sendo a primeciira cantante e compositora transexual israelí que se presentou ao festival, causando un grande impacto no país e no propio certame. Volveu a Eurovisión en dúas ocasións como autora e como intérprete.

Traxectoria

Primeiros anos

Sharon Cohen naceu en Tel Aviv, e recibiu o seu nome, Sharon, por unha tía que falecera nun ataque terrorista. Desde nena recibiu clases de música e na súa adolescencia actuaba en centros nocturnos nas discotecas máis importantes de Israel cando Offer Nissim, disc-jockey e produtor de música house e principal expoñente das festas circuit que se celebraban en América, Asia e Europa, a descubriu artisticamente.

En 1993, publicou o seu primeiro sinxelo, "Saida Sultana", unha versión da canción "My name's not Susan", de Whitney Houston. Tamén publicou o seu primeiro disco, que incluía unha canción da que tomou o seu nome artístico, "Danna International", e conseguiu un grande éxito tamén en países como Xordania e Exipto. Paralelamente, Dana International (nome inspirado por un amigo da infancia, Daniel, que finou nun accidente), someteuse a unha operación de reasignación de sexo en Londres.

En 1995, saíu á venda o seu segundo disco, titulado Umpatampa, polo que gañou o premio á mellor artista feminina en Israel en 1996. En 1995 tamén entrou na preselección israelí para o Festival de Eurovisión interpretando "Layla Tov Eropa". O seu terceiro disco, Maganona foi censurado en Exipto e Xordania porque temían que "pervertese" a mocidade deses países. Aínda así, vendéronse moitas copias piratas. Dese disco extraeuse o sinxelo "Cinque Milla".

Eurovisión 98

Dana no Songfestivalfeest de Ámsterdam en 2019

En 1998 e ante unha enorme expectación representou o seu país no Festival de Eurovisión 1998, celebrado en Birmingham, coa canción "Diva", que coincidiu ademais co 50 aniversario da proclamación do estado de Israel. A ultraortodoxia israelí chegou a cualificar a Dana como "o demo" e recibiu ameazas de morte, unha polémica que provocou que a televisión israelí non enviase comentarista ao festival.

A canción impúxose con 172 puntos na noite do festival (no primeiro ano que se empregou de xeito masivo o voto telefónico) e ao volver a actuar decidiu vestir unha chaqueta de plumas creada por Jean-Paul Gaultier que lle recomendaron non usar durante a actuación debido a que nalgúns planos tapaba a súa cara. A vitoria de Dana tivo un grande impacto musical e sobre todo nos medios, converténdoa na primeira artista israelí que foi entrevistada pola MTV e en actuar en Top of the Pops. A noite do seu triunfo centos de mozos saíron ás rúas de Tel Aviv, pois significaba o triunfo do sector máis liberal da sociedade israelí e unha vitoria para os dereitos da comunidade homosexual en Oriente.

Tralo festival

Posteriormente, publicou un disco para toda Europa coas súas cancións máis coñecidas en Israel titulado The Album e outro con cancións novas chamado Free. En 2005 "Diva" foi elixida a décimo terceira mellor canción da historia de Eurovisión, polo que competiu no espectáculo Congratulations.

A partir de 2000, tamén colaborou con músicos como DJ Vic, Amir.M & Gal.M e Mike Cruz, e editou temas con certas reminiscencias da música electrónica.

Volveu a Eurovisión en 2008 como compositora da canción "The fire in your eyes" interpretada por Boaz Mauda que, tras superar a semifinal, quedou en novena posición. Xa en 2011 regresou como autora e intérprete coa canción "Ding Dong", mais nesta ocasión non superou a semifinal en Düsseldorf. Volveu vestir de Jean-Paul Gaultier.

En 2013 e tras un descanso de dous anos, Dana deu a coñecer os seus novos sinxelos, "Ma la'asot" e "Loca". Apareceu en varias ocasións en programas relacionados co Eurofestival, como o 60 Aniversario organizado por BBC en Londres en 2015 e na apertura da edición 64 en Tel Aviv.

Activismo

Dana International fixo campaña a favor dos dereitos da poboación homosexual de Israel e é habitual a súa presenza nas celebracións do orgullo de diferentes cidades de Europa.

Discografía

Notas

  1. ""Casi la mitad de la gente en Eurovisión eran fanáticos, afirma Dana International". El País (en castelán). 12 de xuño de 1998. ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de decembro de 2018. 
  2. "💙 ¿Quién es Dana Internacional, invitada especial a Eurovisión 2019?". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2019-05-18. Consultado o 2021-07-03. 

Véxase tamén

Ligazóns externas