Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni O libertino castigado ou Don Xoán | |
---|---|
Cartel da función do 23 de setembro de 1788. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Lorenzo da Ponte |
Fontes literarias | baseado no libreto de Giovanni Bertati para Giuseppe Gazzaniga dunha ópera de 1787 |
Estrea | 27 de outubro de 1787 |
Teatro da estrea | Teatro de Praga |
Lugar da estrea | Praga |
Duración | 2 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Wolfgang Amadeus Mozart |
Orquestración | 1 clavicémbalo 1 mandolina 1 timbal 2 frautas 2 óboes 2 clarinetes 2 fagots 2 trompas 2 trompetas 3 trombóns Instr. de cordas: * violíns (primeiros e segundos) * violonchelos * violas * contrabaixos |
Personaxes | |
Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.
Foi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787 baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.
Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo, e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.
Personaje | Tesitura | Elenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787 Director: Wolfgang Amadeus Mozart |
Elenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788 Director: Wolfgang Amadeus Mozart |
---|---|---|---|
Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licencioso | barítono | Luigi Bassi | Francesco Albertarelli |
Leporello, servinte de Don Giovanni | baixo | Felice Ponziani | Francesco Benucci |
Il Commendatore (Don Pedro) | baixo | Giuseppe Lolli | Francesco Bussani |
Donna Anna, fixa, prometida de Don Ottavio | soprano | Teresa Saporiti | Aloysia Weber |
Don Ottavio | tenor | Antonio Baglioni | Francesco Morella |
Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don Giovanni | soprano | Katherina Micelli | Caterina Cavalieri |
Masetto, un campesiño | baixo | Giuseppe Lolli | Francesco Bussani |
Zerlina, prometida de Masetto | soprano | Caterina Bondini | Luisa Mombelli |
Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |