Economía de Tunisia

Economía de Tunisia
Moeda dinar tunesino
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos
PIB 104,4 mil millóns (2012)
Posición do PIB 71ª no mundo
Crecemento do PIB 2,7% (2012)
PIB per cápita 9 700 (2012)
PIB por sector agricultura 8,9%, industria 29,6%, comercio e servizos 61,5% (2012)
Inflación 5,9% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4.014.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 18,3%, industria 31,9%, servizos 49,8% (2009)
Desemprego 18,8% (2012)
Industrias petróleo, minería (especialmente fosfato e ferro), turismo, téxtiles, calzados, agronegocio, bebidas
Parcerías comerciais
Exportacións 17,87 mil millóns (2012)
Produtos de exportación vestiario, bens e téxtiles semiacabados, produtos agrícolas, bens mecánicos, fosfatos e produtos químicos, hidrocarburos, equipamentos eléctricos
Principais mercados Francia 29,5%, Italia 19,3%, Alemaña 10,3%, Libia 6,6% (2011) (2012)
Importacións 23,49 mil millóns (2012)
Principais produtos importados téxtiles, máquinas e equipamentos, hidrocarburos, produtos químicos, produtos alimentarios
Finanzas públicas
Débeda externa 24,49 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Tunes, capital do país.

A economía diversificada e orientada ó mercado de Tunisia foi citada como un exemplo de éxito en África e o Oriente Medio, pero ten afrontado unha serie de desafíos durante a transición política en curso no país. Tras unha experiencia mal sucedida con políticas económicas socialistas na década de 1960, o país embarcou nunha estratexia de éxito con miras a reforzar as exportacións, o investimento estranxeiro e o turismo, os cales tornáronse fundamentais para a súa economía. As exportacións principais inclúen agora téxtiles e vestiario, produtos alimenticios, derivados de petróleo, produtos químicos e fosfatos, e cerca do 80% das exportacións teñen como destino o principal socio económico do país, a Unión Europea. O control estatal da economía, a pesar de ser aínda intenso, vén sendo gradualmente reducido desde a última década, coa crecente privatización, simplificación da estrutura tributaria, e un tratamento prudente da débeda externa e interna.

A estratexia liberal de Tunisia, así como os investimentos en educación e infraestrutura alimentou un crecemento anual do PIB entre 4% e 5% durante décadas, mellorou a calidade de vida da poboación e reduciu a inflación. O turismo e o comercio foron elementos chave neste crecemento sustentado. O acordo de colaboración de Tunisia coa Unión Europea entrou en vigor a partir de 1 de marzo de 1998, e foi o primeiro acordo entre a UE e países mediterráneos non-europeos. Co acordo, Tunisia debería gradualmente remover barreiras ao comercio coa UE na década seguinte. A ampliación das privatizacións, a maior liberalización do investimento, principalmente estranxeiro, e melloras na eficiencia gobernamental, eran os principais desafíos para o futuro. En 2008 Tunisia tornouse membro plenamente asociado da Unión Europea (situación comparable á de Noruega ou de Islandia).

O expresidente Zine El Abidine Ben Ali (1987-2011) continuou esas políticas, mais no seu goberno creceron o nepotismo e a corrupción que frustraron o desenvolvemento económico, e o desemprego aumentou entre crecentes fileiras de graduados universitarios do país. Estas queixas contribuíron á caída de Ben Ali en xaneiro de 2011, levando a economía do país a unha espiral descendente, á medida en que o turismo e o investimento estranxeiros diminuían drasticamente. A medida que a economía se recupera, o goberno de Tunisia ten afrontado os desafíos de tranquilizar empresas e investidores, traer orzamento e déficits en conta corrente baixo control, protexer o sistema financeiro do país, acabar co elevado desemprego e reducir as desigualdades económicas entre a rexión costeira máis desenvolvida e o interior empobrecido do país.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).