Eochaid | |
---|---|
Rei dos pictos Rei de Strathclyde | |
Reinado | 878 – 889 |
Predecesor | Áed |
Descendencia | Dyfnwal? Lann? |
Proxenitores | Rhun ab Arthgal |
Eochaid, finado en 889, foi un britano que puido ter gobernado como rei de Strathclyde ou rei dos pictos. Era fillo de Rhun ab Arthgal, e descendía dunha antiga liñaxe de reis britanos. Segundo os rexistros históricos, a nai de Eochaid era filla de Kenneth I. Esta relación vía materna coa dinastía Alpin explica que Eochaid reinase sobre os pictos despois da morte do fillo de Kenneth I, Áed, en 878. Segundo diferentes fontes, Áed foi asasinado por Giric, un home de devanceiros descoñecidos, a quen se atribúe o reinado despois da morte de Áed.
Predecesor: Rhun ab Arthgal |
rei de Strathclyde - |
Sucesor: Dyfnwal |
Predecesor: Áed |
Rei dos pictos con Giric 878 – 889 |
Sucesor: Donald II |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eochaid de Escocia |