Fracción de área mariña ou terrestre. Fonte: UNEP-WCMC 2014
Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.
Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección adoita ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade, e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións.
Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos adoitan incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.
En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.
Definición
As áreas protexidas enténdense como aquelas nas que a ocupación do espazo natural pola humanidade ou dos recursos do ecosistema é limitado. As definicións que máis se aceptan nos marcos de desenvolvemento rexional e nas lexislacións estatais son as da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). As súas definición foron:
Unha área definida xeograficamente que se asigna, regula e xestiona con finalidades específicas de conservación.
Convención da Diversidade Biolóxica de 1992, 1 Artigo 2
Un espazo xeográfico claramente definido, recoñecido, adicado e xestionado, a efectos legais ou con outra medida efectiva, para acadar a conservación a longo prazo da natureza, cos seus servizos de ecosistema asociados e valores culturais
Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) 2008, 2
Categorías de xestión das áreas protexidas da IUCN
A IUCN, a través da súa "Comisión Mundial para os Espazos Protexidos" (WCPA) definiu unha táboa de clasificación de seis categorías dos espazos naturais segundo os obxectivos de conservación. Esta táboa é aceptada por varios gobernos e polas Nacións Unidas. Permite definir e catalogar as áreas protexidas e iniciar os seus planos de conservación, segundo as necesidades de conservación.
As categorías dos espazos protexidos segundo a IUCN son:
Categoría Ia — Reserva natural estrita
Categoría Ib — Área salvaxe
Categoría II — Parque nacional
Categoría III — Monumento natural
Categoría IV — Área de hábitats ou xestión de especies
Categoría V — Área terrestre ou marítima protexida
Categoría VI – Área protexida cun uso sostible dos recursos naturais
Os elementos aos que se lle presta atención para definir como de interese de preservación unha área son a cantidade de especies en risco de extinción, as especies limitadas xeograficamente, as ensamblaxes de especies e o número de especies en risco e que coexisten e os tipos de ecosistema en perigo de desaparición e a súa integridade. As agregacións demográficas de especies, os refuxios ecolóxicos e as fontes de recursos, como alimentos ou puntos de reprodución serven para determinar as áreas tamén. A biodiversidade dos ecosistemas avalíase ao nivel da riqueza taxonómica e da variabilidade xenética das especies.
En 2017 estaban catalogados dentro da Rede Natura 2000 europea máis do 18% do territorio terrestre e o 6% do mariño da Unión. Así é que é a maior rede de conservación de espazos naturais do planeta.
A rede ten por obxectivos protexer a especies e hábitats, manter e restaurar ecosistemas, conseguir unha agricultura, explotación forestal e pesca sostibles, combater as especies invasoras, reducir a perda de biodiversidade global.
España
Os espazos protexidos terrestres e marítimos dentro da soberanía do estado español réxense pola Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade. A lei ten por obxectivo a conservación e protección da diversidade biolóxica, a riqueza xeolóxica e a tradución cultural asociada a estes espazos. Na lei considéranse de interese de protección espazos naturais en risco ou con posibilidade de ameaza, ou espazos de interese ecolóxico, xeolóxico, paisaxístico ou outros.
A lei recolle cinco categorías de clasificación para os espazos:
Parques: son lugares con ecosistemas, formacións xeomorfolóxicas ou outros valores que merecen a máxima atención. Inclúe a rede de parques nacionais.
Reservas naturais: son lugares con ecosistemas con interese de preservación ben por estar baixo risco de preservación ben por ter elementos raros ou de interese xeral.
Áreas mariñas protexidas: son áreas intermareais e submareais que singulares, con risco ou importancia de conservación.
Monumentos naturais: son formacións peculiares que pola súa rareza ou beleza se lles outorga dereito de preservación.
Paisaxes protexidos: son espazos do territorio que por elementos estéticos ou culturais, e segundo as regras do convenio europeo da paisaxe do Consello Europeo, merecen ser protexidos.
As comunidades autónomas do estado desenvolveron as súas propias lexislacións sobre dos espazos protexidos e en 2017 chegaban a ser máis de 40 figuras de proteccións. Segundo o seu marco xurídico, estes espazos están agrúpanse dentro de:
Espazos naturais protexidos, que é un inventario nacional
Espazos protexidos por instrumentos internacionais, como as zonas húmidas de importancia internacional, a lista de patrimonio natural, áreas protexidas do convenio de protección do ambiente mariño do Atlántico do noroeste OSPAR, os xeoparques e reservas da biosfera da UNESCO e as reservas bioxenéticas do Consello de Europa.
En España en 2017 os espazos naturais declarados supoñen o 28,03% (142 mil km2) da superficie terrestre e o 8,37% (84 mil km2) de superficie mariña. Seguindo a clasificación da IUCN, das 4,040 áreas protexidas só 13 espazos naturais son da categoría Ia e 61 da Ib.
Así mesmo as outras figuras de orde internacional que existen no territorio galego son:
As Zonas húmidas internacionais protexidas, froito do Convenio de Ramsar, e que están todos catalogados como zonas húmidas protexidas na lexislación galega.
Os Xeoparques da rede mundial da UNESCO, que son áreas únicas e características no mundo en termos xeolóxicos polas súas formacións ou paisaxes e que se declaran cunha finalidade educativa e de protección. Nesta liña, Galicia tiña no 2019 16 lugares de interese xeolóxico de relevancia internacional, Global geosites, declarados pola Unión Internacional das Ciencias Xeolóxicas e a UNESCO, así como outros 75 lugares de interese xeolóxico.
A lexislación portuguesa declara aos espazos naturais protexidos como áreas protexidas e establece para cada tipo unha regulación específica. A lei para este fin foi o decreto-lei 19/93 do 23 de xaneiro de 1993 e o posterior decreto-lei 142/2008, e nelas declaráronse as seguintes categorías de áreas protexidas:
De ámbito nacional:
Parque nacional
Parque natural
Reserva natural
Monumento natural
Paisaxe protexida
Lugares de interese biolóxico
De ámbito rexional ou local:
Parque natural rexional
Reserva natural local
Paisaxe protexida local
Área protexida privada
O seu único parque nacional é o da Peneda-Gerês. Conta con outros trece parques naturais: o Montesinho, Douro Internacional, Litoral Norte, Alvão, Serra da Estrela, Tejo Internacional, Serras de Aire e Candeeiros, São Mamede, Sintra-Cascais, Arrábida, Suroeste Alentejano e Costa Vicentina, Vale do Guadiana, e Ria Formosa. Portugal conta co seu 22.9% (21 mil km2) de superficie terrestre e 8,36% (144 mil km2) de superficie mariña protexido. 13 áreas son de categoría Ia da IUCN e 25 da Ib.
↑A Rede Natura 2000 estivo integrada dentro da figura de Zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) ata o 2019, cando se derrogou esta figura lexislativa. Desde ese momento as categorías da rede intégranse como tales dentro das entidades galegas de protección.
↑ 27,027,1Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (eds.). "Áreas Protegidas"(en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de outubro de 2017.
↑Protected Planet, UN Environment (eds.). "Portugal, Europe". Arquivado dende o orixinal o 21/10/2020. Consultado o 3/10/2017.