Exército de Terra de España | |
---|---|
Ejército de Tierra | |
Escudo do Exército de Terra | |
País | España |
Tipo | exército de terra |
O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV). Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España conta con aproximadamente 135.000 efectivos.
Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.
Actualmente as Forzas Armadas Españolas atópanse nun proceso de reestruturación. Con esta reestruturación preténdese adecuar a organización ao número de efectivos dispoñibles, concentrar as unidades nun número menor de localizacións, actualizar normas e procesos, reducir os niveis administrativos, suprimir estruturas redundantes e potenciar as capacidades das forzas mediante tecnoloxías avanzadas.
Esta reorganización afectará a sesenta unidades, das cales trinta e tres serán disoltas e vinte e tres transformadas. Das disoltas, vinte e catro serán batallóns.
Do mesmo xeito que a Armada e o Exército do Aire, o Exército de Terra está composto por:
A nova organización da Forza ten unha estrutura máis simplificada, coas brigadas como elemento principal. Deste xeito soluciónase o problema da existencia de unidades que non contaban cun número suficiente de efectivos e medios. Esta organización é máis flexible, ten un único mando e potencia as unidades lixeiras con maior capacidade de mobilidade e proxección.
A Forza está formada polas seguintes unidades:
O Apoio á forza do Exército está composto por:
O persoal do Exército distribúese en catro corpos:
O Corpo Xeral das Armas divídese en especialidades fundamentais:
Corpos comúns das Forzas Armadas.
Unidades e centros con emblema específico.
No Exército de Terra español existen os seguintes empregos, de acordo coa clasificación de rangos da OTAN, á cal España pertence.
Código OTAN | OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF-6 | OF-5 | OF-4 | OF-3 | OF-2 | OF-1 | OF-D | Oficial cadete | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | |||||||||||||
Capitán Xeneral1 | Xeneral de Exército2 | Tenente Xeneral | Xeneral de División | Xeneral de Brigada | Coronel | Tenente Coronel | Comandante | Capitán | Tenente | Alférez | Alférez Cadete | Cadete | |
1 Ostentado por S.M. o Rei como parte das súas funcións constitucionais. |
Código OTAN | OR-9 | OR-8 | OR-7 | OR-6 | OR-5 | OR-4 | OR-3 | OR-2 | OR-1 | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Suboficial maior | Subtenente | Brigada | Sarxento Primeiro | Sarxento | Cabo Maior | Cabo Primeiro | Cabo | Soldado de primeira | Soldado |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exército de Terra de España |