FA Cup | |
---|---|
Fundación | 1871 |
Rexión | Inglaterra Gales |
Equipos | 736 |
Actual campión | Manchester City (7º título) |
Máis laureado | Arsenal (14 títulos) |
Sitio web | www.thefa.com |
A Football Association Challenge Cup, mellor coñecida como a FA Cup, é unha competición anual de fútbol inglés de eliminación directa, organizada pola Football Association. Dende 2015 coñécese como The Emirates FA Cup por motivos de patrocinio.
A primeira vez que se disputou a FA Cup foi en 1871. É a competición futbolística máis antiga do mundo. Desde 1916 até 1919 a competición suspéndese por mor da primeira guerra mundial. Entre 1940 e 1945 a segunda guerra mundial obriga a suspender a competición de novo.
Etapa | Patrocinio | Nome |
---|---|---|
1871–72 a 1993–94 | Sen patrocinador | The FA Cup |
1994–95 a 1997–98 | Littlewoods | The FA Cup sponsored by Littlewoods |
1998–99 a 2001–02 | AXA | The AXA sponsored FA Cup(1998–99) The FA Cup sponsored by AXA (1999–2002) |
2002–03 a 2005–06 | Sen patrocinador | The FA Cup |
2006–07 a 2010–11 | E.ON | The FA Cup sponsored by E.ON |
2011–12 a 2013–14 | Budweiser | The FA Cup with Budweiser |
2014–15 | Sen patrocinador | The FA Cup |
Dende 2015–16 | Emirates | The Emirates FA Cup |
O sistema de competición é o de eliminatorias directas a un partido, dentro dun cadro xeral de competición no que participan todos os clubs. En caso de empate, xógase un partido adicional en campo do equipo que sexa visitante no primeiro encontro. Outra igualdade en goles implica que o paso á seguinte rolda é para o equipo que marque máis goles de visitante. Se a paridade persiste hai lanzamentos de penaltis. O campión da FA Cup consegue un posto na seguinte edición da UEFA Europa League.
(R) | Repetición do partido |
* | Partido decidido na prórroga |
Partido decidido na quenda de penaltis. | |
O equipo gañador conseguiu o dobrete (Liga e FA Cup) | |
Italics | Equipo non participante na Primeira División inglesa (dende a creación da liga en 1888) |
Todos os equipos son ingleses, agás os indicados con (escoceses) ou (galeses).