Frankenweenie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Frankenweenie |
Director | Tim Burton |
Produtor | Julie Hickson Rick Heinrichs |
Guión | Lenny Ripps |
Intérpretes | Shelley Duvall Daniel Stern Barret Oliver |
Música | David Newman Michael Convertino |
Fotografía | Thomas E. Ackerman |
Montaxe | Ernest Milano |
Estudio | Walt Disney Pictures |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 14 de decembro de 1984 |
Duración | 30 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $1 000 000 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/frankenweenie-1984 | |
Frankenweenie é unha curtametraxe dirixida por Tim Burton que se estreou en 1984. Está producida por Buena Vista Distribution e foi co-escrita por Burton e Leonard Ripps. É unha homenaxe do filme de 1931 Frankenstein baseado na novela Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelley. Burton tamén dirixiu a longametraxe remake de 2012.
Victor Frankenstein é un neno que fai curtas na que o seu can Sparky é o protagonista, ata que este é atropelado por un camión. Na súa escola, Víctor aprende sobre o impulso eléctrico dos músculos e decide empregar esa técnica para revivir a súa mascota. Para iso, crea un complexo aparello que devolve a vida a Sparky. Se ben Victor e a súa familia aceptan ó revivido animal, os seus veciños están arrepiados.
Disney e Tim Burton produciron unha longametraxe en animación stop motion, que foi estreada o 5 de outubro de 2012 en Disney Digital 3D e IMAX 3D. O filme orixinal está incluído como un contido extra no formato Blu-ray.