Freising (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
Rural district of Bavaria (en) | Freising (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 49.339 (2022) (556,94 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 21.917 (2011) | ||||
Relixión | catolicismo, Protestantismo, luteranismo e Igreja Ortodoxa Grega (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88,59 km² | ||||
Bañado por | Río Isar e Moosach (en) | ||||
Altitude | 448 m | ||||
Comparte fronteira con | Kirchdorf an der Amper (pt) Marzling Neufahrn (pt) Kranzberg Zolling Hallbergmoos Freising (pt) (1862–1940) Freising (pt) (1946–1972) | ||||
Organización política | |||||
• Lord Mayor of Freising (en) | Tobias Eschenbacher (2012–) | ||||
Membro de | Working Group of Bicycle-Friendly Municipalities in Bavaria (en) Bayerischer Städtetag (pt) Mayors for Peace (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 85354 e 85356 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 08161 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 091780124124 | ||||
Número de municipio alemán | 09178124 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | freising.de | ||||
Frisinga, en alemán Freising, do latín Frisinga, é unha cidade da Alta Baviera situada a uns 30 km ao norte da capital do estado libre de Baviera, Múnic, en Alemaña, á beiras do río Isar, a tan só 10 km do aeroporto de Múnic.
Ten unha superficie de 88,61 km², unha altitude media de 448 msnm e unha poboación total de 49 126 habitantes en 2020.
Frisnga é a cidade máis antiga situada entre Ratisbona e Bolzano, e está dominada por dous outeiros, o outeiro da catedral, co castelo do bispo e a catedral de Frisinga, e o outeiro Weihenstephan, coa abadía de Weihenstephan e a súa famosa fábrica de cervexa.
Frisinga é unha das cidades con menor índice de paro de Alemaña, debido ao gran número de persoas da cidade que traballan no aeroporto de Múnic.
Frisinga é tamén a sede da cervexaría máis antiga do mundo, fundada no ano 1040 polos monxes beneditinos co nome de Bayerische Staatsbrauerei Weihenstephan. Ademais, foi nesta mesma cidade onde o duque Guillerme IV de Baviera ditou en 1516 a Lei de pureza da cervexa, na que se prohibía aos cervexeiros empregar outros ingredientes que non fosen cebada, lúpulo e auga na produción de cervexa.
Outro personaxe importante da cidade foi o seu bispo Otón de Frisinga, que pontificou de 1138 a 1158, e que durante a época da Querela das Investiduras entrou en conflito coa familia Wittelsbach, pero debido á súa relación co emperador do Sacro Imperio, mediou con éxito nas disputas entre os Hohenstaufen e os güelfos.
Por outra parte, Frisinga foi tamén o primeiro lugar no que se rexistrou un tornado en Europa.in 788.
Descubrimentos arqueolóxicos demostraron que a zona se poboou na Idade de Bronce, aínda que non se atoparon probas que suxiren un asentamento continuo até o século VIII d.C., Frigisinga. Corbiniano de Frisinga, San Corbiniano (ca. 670 - ca. 730) un bispo franco, foi un evanxelizador dos bávaros. Corbiniano foi enviado ao territorio gobernado polo duque franco de Baviera Grimaldo I. Corbiniano probabelmente chegou á daquela capital do Ducado de Baviera, Frisinga, instalándose nun santuario que xa existía alí en 724, onde erixiu unha escola e un mosteiro beneditino, que chegou a ser dirixido polo seu irmán Eremberto, despois da súa morte. Foi o precursor da diocese de Frisinga. O 20 de novembro, conmemorando o traslado da súas reliquias de Merano (Italia) a Frisinga celébrase alí unha gran procesión protagonizada sobre todo por mozos. En 738, cando Bonifacio de Maguncia (San Bonifacio) regulou a estrutura eclesiástica do Ducado de Baviera, mediante a creación de catro dioceses sufragáneas do arcebispado de Maguncia (entre elas o bispado de Frisinga), Eremberto foi elixido primeiro bispo de Frisinga.
Segundo a súa Vita, redatada polo bispo Arbeo de Frisinga, ordenou a un oso que levase a súa equipaxe a través dos Alpes despois de que matara ao seu cabalo. O oso enselado segue sendo o símbolo da cidade, amosado no se escudo de armas. Aínda que a sede da diocese foi trasladada a Múnic en 1821, incluída a elevación a arquidiocese, Freising permaneceu até hoxe como sede da administración da diocese.
Entre 764 e 783, o bispo Arbeo fundou unha biblioteca e un scriptorium na abadía. O asentamento comezou a converterse nun centro relixioso. Dise que os restos mortais do papa Alexandre I foron trasladados a Frisinga en 834.
En 996, Frisinga recibiu ss dereitos como cidade do emperador so Sacro Imperio Otón III. Porén, despois da «... destrución da ponte episcopal, a alfándega, a ceca e as salinas preto de Oberföhring polo duque Henrique o León, que trasladou as casas da alfándega e o lugar da ponte á parte alta de Oberföhring, colocándoas na localidade de Múnic nas beiras do Isar», en 1158, Frisinga comezou a perder a súa importancia económica. En 1159 construíuse a catedral románica (cunha notábel columna de animais na cripta).
Durante a mediatización e secularización dos territorios soberanos pertencentes a bispados, abadías e ordes relixiosas, proceso que aconteceu en Alemaña entre 1795 e 1814, un período marcado polo final da Revolución francesa, o nacemento e a desaparición do Primeiro Imperio francés e pola subseguinte descomposición (causada poa vitoria deste sobre Austria) do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tivo como consecuencia a creación e desaparición do seu estado substituto, monicreque de Napoleón Bonaparte, a Confederación do Rin.
Como consecuencia, en 1803, a Igrexa católica perdeu a maioría das súas propiedades e a autoridade na cidade. Nese ano a comunidade relixiosa de Weihenstephan deixou de existir, e pasou todos os seus dereitos, capitais e propiedades ao Reino de Baviera.
Este transformou a cervexaría de Weihenstephan na "Real Cervecexaría Bávara de Weihenstephan" e nun "Instituto de Agricultura". A cervexaría transformouse nunha escola para cerveceiros en 1919 e, na actualidade, é a "Facultade Cerveceira, de Alimentos e Lácteos da Universidade de Múnic".
Por ouro lado cómpre sinalar que, desde 1946 até 1951, o futuro papa Bieito XVI estudou Teoloxía católica e Filosofía na Universidade de Teoloxía e Filosofía de Frisinga.
En Frisinga están os seguintes centros educativos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frisinga |