Un géyser,, ou geyser, pronunciado ou , é unha nacente termal que entra en erupción periodicamente, lanzando unha columna de auga quente e vapor para o ar. O nome géyser provén de Geysir, o nome dunha nacente eruptiva en Haukadalur, na Islandia; este nome deriva pola súa vez do verbo gjósa, "chorrear".
A formación de géyseres require unha hidroxeoloxía favorábel, o que existe só en poucos lugares na Terra; logo, son fenómenos razoabelmente raros. Existen cerca de mil en todo o mundo, e a metade destes no Parque Nacional de Yellowstone nos Estados Unidos. Tamén son coñecidos os géyseres de Nova Zelandia e o Strokkur Geysir de Islandia.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |