GOG sp. z o.o. | |
---|---|
Logo de 2008 a 2014 | |
Linguas | Inglés, alemán, francés, polaco, ruso, chinés simplificado |
Propietario | CD Projekt |
Lanzamento | 0 de 0 de 2008 |
Na rede | |
www.gog.com | |
GOG.com (anteriormente Good Old Games) é unha plataforma de distribuición dixital para videoxogos e películas. É operado por GOG sp. z o.o., unha subsidiaria propiedade de CD Projekt con sede en Varsovia, Polonia. GOG.com ofrece videoxogos libres DRM a través da súa plataforma dixital, dispoñible para Microsoft Windows, macOS e Linux.
Os bens dixitais (videoxogos e filmes) poden ser comprados, descargados en liña e distribuídos sen xestión de dereitos dixitais. Os produtos dixitais de GOG.com entregarse a outras persoas a través de certificados de regalo canxeables.
O usuario non ten que instalar un cliente de software especial para descargar ou executar os xogos, aínda que esta dispoñible un xestor de descargas, que se eliminará gradualmente, e GOG Galaxy. Despois da descarga, o consumidor é libre de usar o software para calquera uso persoal como instalalo en múltiples dispositivos, gardalo en calquera medio de almacenamento persoal por tempo ilimitado, modificalo e parchéalo; coa restrición de que non se pode revendelo nin compartilo. Os instaladores son tecnicamente independentes da conta do cliente, aínda que están suxeitos ao EULA de GOG.com, onde utilizase a formulación "con licenza, non vendido". O modelo "con licenza, non vendido" frecuentemente expón dúbidas sobre a propiedade dos bens dixitais. Na Unión Europea, o Tribunal Europeo de Xustiza sostivo que un titular dos dereitos de copyright non pode opoñerse a revenda de software dixital, de acordo coa regra de esgotamento dos dereitos de autor na primeira venda cando se transfire a propiedade, polo tanto cuestiona o EULA "con licenza, non vendido".
Xunto cos xogos, os compradores tamén poden descargar numerosos materiais extra relacionados co xogo que compraron. Poden incluír neses extras a banda sonora orixinal do xogo (en parte como FLAC), fondos de pantalla, avatares, e manuais. GOG.com tamén ofrece atención ao cliente para todas as compras e garantía de devolución do diñeiro nos primeiros 30 días.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: GOG.com |