Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1941 (82 anos) Kannapolis, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | The Hill School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante , guitarrista , produtor , líder de banda , artista discográfico , compositor , produtor musical , director de orquestra , compositor de cancións , músico |
Período de actividade | 1955 - |
Xénero artístico | Funk |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Teclado electrónico e voz |
Selo discográfico | Capitol Records 550 Music (pt) |
Premios
| |
Páxina web | georgeclinton.com |
George Edward Clinton, nado o 22 de xullo de 1941, é un músico, cantante e produtor musical estadounidense. O seu colectivo Parliament-Funkadelic (que gravou principalmente baixo os nomes de Parliament e Funkadelic) desenvolveu unha influínte e ecléctica forma de música funk nos anos 70 inspirada na ciencia ficción, na moda extravagante, na psicodelia e no humor surrealista. Clinton iniciou unha carreira en solitario co álbum de 1982 Computer Games e continuaría influíndo no hip hop e o G-funk da década dos 90.
Clinton é considerado, xunto con James Brown e Sly Stone, como un dos principais innovadores da música funk. Foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame en 1997, xunto con 15 outros membros de Parliament-Funkadelic. En 2019, el e Parliament-Funkadelic recibiron o Grammy á carreira artística.