Müller en 2019 | |
Nome orixinal | (de) Herta Müller |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de agosto de 1953 Nițchidorf (Timișoara) Romanía |
Datos persoais | |
Residencia | Berlín |
País de nacionalidade | Alemaña Romanía |
Educación | West University of Timișoara (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e ensaio |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | escritora , tradutora , novelista , poeta , lingüista , ensaísta |
Período de actividade | 1976 - |
Empregador | Universidade Libre de Berlín Nikolaus Lenau High School (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua alemá e lingua romanesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Wagner (1984–1989) Harry Merkle |
Premios
| |
Herta Müller, nada en Nițchidorf (Timișoara, Romanía) o 17 de agosto de 1953, é unha escritora alemá de orixe romanesa.
Herta Müller é filla de granxeiros suabos de fala alemá. Estudou xermanística e literatura romanesa na Universidade do Oeste de Timișoara. Formou parte do Aktionsgruppe Banat, un parladoiro de escritores idealistas romanés-alemáns. En 1976 empezou a traballar como tradutora para unha compañía de enxeñería, pero deixou o emprego en 1979 para non cooperar coa Securitatea Statului, a policía secreta do réxime comunista romanés. Estivo empregada nun xardín de infancia e impartindo clases de alemán. O seu primeiro libro foi publicado en 1982 en Romanía e apareceu só en versión censurada, como moitas outras obras dese tempo. Pouco despois prohibíronlle seguir publicando no seu país, aínda que os seus libros triunfaban en Alemaña e Austria.
En 1987 marchou a Alemaña co seu home, o novelista Richard Wagner. Fixo algúns lectorados en universidades alemás nos anos seguintes e fixou a súa residencia en Berlín.
Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceaușescu. Foi galardoada co Premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos".
A Galicitas posúe citas sobre: Herta Müller |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herta Müller |