2001 (MMI) foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio , aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo ", que incluíu a invasión de Afganistán e a Segunda guerra do Golfo , e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.
Acontecementos
Retrato oficial de George W. Bush
Ariel Sharon, gañador das eleccións xerais en Israel.
As Torres Xemelgas após os dous impactos.
Nacementos
Billie Eilish
Mortes
5 de xaneiro - Elizabeth Anscombe , filósofa e teóloga británica (n. 1919).
12 de xaneiro - Adhemar da Silva , atleta brasileiro .
16 de xaneiro - Laurent-Désiré Kabila , presidente da República Democrática do Congo (n. 1939 ).
3 de febreiro - Benito Prieto Coussent , pintor e escultor galego (n. 1907).
18 de febreiro - Balthus , pintor francés.
19 de febreiro - Stanley Kramer , produtor de cinema norteamericano (n. 1913 ).
26 de febreiro - Arturo Uslar Pietri , escritor e político venezolano.
12 de marzo - Robert Ludlum , escritor norteamericano (n. 1927 ).
29 de marzo - Xavier Lorenzo Oroza , xornalista e escritor galego (n. 1958).
15 de abril - Joey Ramone , vocalista da banda novaiorquina de punk rock Ramones (n. 1951 ).
11 de maio - Douglas Adams , escritor e comediante británico (n. 1952 ).
16 de maio - Hernán Naval , músico e polifacético home ribadense .
19 de maio - Jesús Suevos , falanxista galego (n. 1907).
20 de maio - Renato Carosone , cantante e músico italiano (n. 1920 ).
3 de xuño - Anthony Quinn , actor norteamericano (n. 1915 ).
7 de xuño - Víctor Paz Estenssoro , político boliviano (n. 1907 ).
21 de xuño - John Lee Hooker , cantante de blues (n. 1917 ).
26 de xuño - Germán Quintela Novoa , médico e político galego (n. 1908).
27 de xuño - Jack Lemmon , actor norteamericano (n. 1925 ).
11 de xullo - Cândida Branca Flor , cantante portuguesa (n. 1949 ).
6 de agosto - Jorge Amado , escritor brasileiro (n. 1912 ).
2 de setembro - Christiaan Barnard , médico sul-africano (n. 1922 ).
11 de setembro - Atentados do 11 de setembro de 2001 : 2.749 nas Torres xemelgas , 125 no Pentágono , 40 en Shanksville , Pensilvania , 19 secuestradores e 24 desaparecidos.
24 de outubro - Eugenio Granell , pintor e escritor galego (n. 1912).
25 de outubro - Marvin Harris , antropólogo estadounidense (n. 1927).
29 de novembro - George Harrison , músico inglés (The Beatles ) (n. 1943 ).
14 de decembro - W. G. Sebald , escritor alemán.
20 de decembro - Léopold Sédar Senghor , poeta e estadista senegalés.
21 de decembro - María Teresa Otero Sande , profesora e escritora galega (n. 1944).
Véxase tamén
Outros artigos