Himenópteros Hymenoptera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vespa velutina | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos himenópteros, Hymenoptera, é unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos.
O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.
Hai descritas unhas 153 000 especies, aínda que probablemente o seu número é moito maior, distribuídas en 132 familias con 8 423 xéneros.
Tamén se coñecen máis de 2 000 especies extintas.
A orde foi desrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.
O nome científico Hymenoptera está formado pola unión dos elementos do latín científico hymen- e -pter, derivados, respectivamente, das voces do grego antigo ὐμην hymēn, "membrana", e πτερόν pterón, "á", coa adición dun -o- epentético e do sufixo -a, indicando plural.
Ademais de polo nome cuñado por Linneo a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:
A orde dos himenópteros dividiuse tradicionalmente en dúas subordes:
Os apócritos presentan cintura (estreitamento que separa o tórax do abdome).
Os sínfitos carecen de cintura, e son un grupo parafilético.
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificadas, en moitos casos, para absorberen o néctar das flores.
Moitas das especies son parasitas.
As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, o ovipositor, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.
As crías desenvólvense a través do holometabolismo (metamorfose completa), é dicir, pasan por unha etapa larvaria de verme e unha etapa de pupa inactiva antes de maduraren.
Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía). Os ovos fecundados teñen dous xogos de cromosomas (de cada un dos gametos respectivos de cada pai) e convértense en femias diploides, mentres que os ovos non fecundados só conteñen un xogo (da nai), polo que dan lugar a machos haploides. O acto da fecundación está baixo o control voluntario da femia, o que lle dá a esta o control do sexo da súa descendencia. Como consecuencia, as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia.
William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Himenópteros |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Himenópteros |