IFEVI | |
---|---|
Instituto Feiral de Vigo. | |
Tipo | centro de convencións e recinto feiral |
Data de fundación | 1998 |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°13′24″N 8°38′08″O / 42.22333333, -8.63555556 | |
Na rede | |
http://www.ifevi.com/ | |
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.
Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.
Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: IFEVI |