Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
O istmo de Carelia (finés: Karjalankannas; ruso: Карельский перешеек, Karelski pereshéiek) é unha estreita banda de terra de 45 a 110 quilómetros de lonxitude que separa o lago de Ládoga en Rusia co golfo de Finlandia.
Antigamente finlandés, este territorio incorporouse á Unión Soviética tras a guerra de Inverno, sendo esta anexión confirmada tras a guerra de Continuación. Algúns dos raión (distritos) desta zona dependen administrativamente da cidade de San Petersburgo; o resto fanno da óblast de Leningrado.
A cidade máis importante é Výborg.