Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1928 (95 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Sur de California Klamath Union High School (en) USC School of Cinematic Arts (en) Universidade de Oregon (pt) University of Oregon College of Design (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , produtor de cinema , guionista , realizador |
Período de actividade | 1953 - 2017 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Parella | Ismail Merchant (pt) |
Premios
| |
Páxina web | merchantivory.com |
James Francis Ivory, nado en Berkeley (California) o 7 de xuño de 1928 é un director de cinema estadounidense. Durante moitos anos traballou co produtor Ismail Merchant e a guionista Ruth Prawer Jhabvala, os tres directores de Merchant Ivory Productions.
Nado en California, pero criado en Oregón, Ivory asistiu á University of Oregon School of Architecture and Allied Arts, onde se graduou en belas artes en 1951. Estudou logo na University of Southern California School of Cinematic Arts, onde dirixiu a súa primeira curtametraxe e escribiu, produciu e fotografou Venice: Theme and Variations, documental de media hora presentado como tese. O filme foi considerado en 1957 por The New York Times como un dos dez mellores filmes non estreados comercialmente.
En 1959, nunha exhibición do seu documental The Sword and the Flute en Nova York coñeceu o produtor Ismail Merchant. Merchant e Ivory foron parella durante máis de corenta anos. A súa relación profesional e sentimental acabou en 2005 co pasamento de Merchant.
En maio de 1961, ambos os dous fundaron a produtora Merchant Ivory Productions. Con ela produciron case corenta filmes, a maioría deles coa novelista Ruth Prawer Jhabvala como guionista.