John Dryden

Infotaula de personaJohn Dryden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1631 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Aldwincle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 1700 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Poeta laureado do Reino Unido (pt) Traducir
13 de abril de 1668 – xaneiro de 1688
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónWestminster School
Trinity College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , crítico literario , escritor de himnos , poeta , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElizabeth Howard (1663–)
FillosSir Erasmus Henry Dryden, 5th Baronet (en) Traducir, Charles Dryden (en) Traducir, John Dryden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisErasmus Dryden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Pickering (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm9882270 IBDB: 87828
Spotify: 6HMdDtruCW0m37Bk4hT9pp Musicbrainz: 525993e8-47af-44d5-91d1-dd1bfb5fdab4 Discogs: 731413 IMSLP: Category:Dryden,_John WikiTree: Dryden-69 Find a Grave: 6173 Editar o valor em Wikidata

John Dryden, nado en Aldwinkle (Northamptonshire) o 9 de agosto de 1631 e finado o 12 de maio de 1700, foi un influente poeta, crítico literario e dramaturgo inglés, que dominou a vida literaria na Inglaterra da Restauración ata tal punto que chegou a ser coñecida como a "era de Dryden". Walter Scott chamouno "Glorious John" ("o Glorioso John").

Traxectoria

Primeiros anos

Dryden naceu na reitoría da vila de Aldwinkle preto de Oundle en Northamptonshire, onde o seu avó materno era "reitor de todos os santos". Era o maior dos catorce fillos de Erasmus e Mary Dryden, aristocracia terratenente puritana que apoiou o Parlamento. De mozo, viviu na aldea próxima de Titchmarsh onde é probable que recibise a súa primeira educación. En 1644 foi enviado á Westminster School como alumno do rei, onde o seu director foi o Dr. Richard Busby, un mestre carismático e disciplinador severo. Refundado recentemente por Isabel I, Westminster significaba un espírito relixioso e político moi diferente, apoiando a monarquía e o alto anglicanismo, sen recibir aínda a influencia moderadora do contemporáneo de Dryden, John Locke. Con independencia da súa actitude persoal cara a esta contorna, Dryden respectaba o seu director, e máis tarde enviou dous dos seus fillos a Westminster. Moitos anos despois da súa morte fundouse en Westminster unha casa no seu nome.

Como unha escola primaria humanista, Westminster mantivo un currículo que ensinaba aos alumnos a arte da retórica e de buscar argumentos para os dous aspectos de calquera discusión. Dryden conservou esta habilidade, influíndo na súa forma de escribir e de pensar. Tamén debían traducir semanalmente, o que desenvolveu a capacidade de Dryden para a asimilación e mostrouse tamén na súa obra posterior. Nestes anos publicou o seu primeiro poema, unha elexía de forte sentimento monárquico sobre a morte, por causa da varíola, do seu compañeiro Henry, Lord Hastings, na que alude á execución do rei Carlos I, ocorrida o 30 de xaneiro de 1649.

En 1650 Dryden acudiu ao Trinity College, Cambridge, onde regresou ao ambiente relixioso e político da súa infancia. Era profesor do Trinity un predicador puritano chamado Thomas Hill que fora reitor no lugar natal de Dryden. Aínda que non se sabe moito destes anos de formación, debeu seguir o currículo estándar de clásicos, retórica, e matemáticas. En 1654 graduouse o primeiro da clase do Trinity. En xuño dese mesmo ano morreu o seu pai, quen lle deixou algo de terra, que xeraba uns ingresos pequenos, insuficientes para vivir deles.

Ao chegar a Londres durante a Mancomunidade, obtivo traballo co secretario de estado de Cromwell, John Thurloe. Este cargo puido ser resultado da influencia exercida polo Lord Chambelán, Sir Gilbert Pickering, primo de Dryden. Dryden estaba presente o 23 de novembro de 1658 no funeral de Cromwell, onde marchou en procesión cos poetas puritanos, John Milton e Andrew Marvell. Xusto despois publicou o seu primeiro poema importante, Heroique Stanzas (1658), un eloxio á morte de Cromwell que é cauta e prudente nas súas mostras de emoción. En 1660 celebrou a Restauración da monarquía e o regreso de Carlos II con Astraea Redux, un auténtico panexírico monárquico. Nesta obra o interregno represéntase como un tempo de anarquía, e Carlos é visto como o restaurador da paz e a orde.

Vida posterior e carreira

Dryden preto do final da súa vida

Despois da restauración, Dryden estableceuse rapidamente como o poeta e crítico literario do momento, e puxo a súa lealdade ao servizo do novo goberno. Ademais de Astraea Redux, deu a benvida ao novo réxime con outros dous panexíricos: To His Sacred Majesty: A Panegyric on his Coronation (1662), e To My Lord Chancellor (1662). Estes poemas suxiren que Dryden buscaba atopar algún patrón, pero en lugar de conseguir vivir escribindo para a aristocracia, fíxoo escribindo para os impresores, en última instancia para o público lector. Estes, e os seus outros poemas non dramáticos, son esporádicos, dedicados a celebrar acontecementos públicos. Desta maneira, escribíronse máis para a nación que para o individuo, pois o Poeta Laureado (que é no que se converteu despois), está obrigado a escribir varios por ano. En novembro de 1662 foi proposto como membro da Royal Society, o cal conseguiu, pero non desenvolveu ningunha actividade en asuntos da sociedade e, finalmente, expulsárono en 1666 por non pagar as súas cotas.

O 1 de decembro de 1663 Dryden casou coa irmá monárquica de Sir Robert Howard, Lady Elizabeth. Nas súas obras, ás veces atópanse ataques contra o estado matrimonial, pero noutros momentos festéxao polo que, en definitiva, pouco se sabe do aspecto íntimo deste matrimonio.

Coa reapertura dos teatros despois da prohibición puritana, Dryden dedicouse a compor obras dramáticas. A primeira delas, The Wild Gallant apareceu en 1663 e non tivo éxito, pero si posteriormente, e dende 1668 en diante foi contratado para producir tres obras ao ano para a Compañía do Rei, da que se fixo accionista. Durante a década de 1660 e 1670 o teatro foi a súa principal fonte de ingresos. Marcou o estilo para a comedia da Restauración, con obras que inclúen algúns dos seus poemas líricos máis exquisitos. O seu traballo máis coñecido dentro do xénero da comedia da Restauración é Marriage à la Mode (1672).

Tamén se dedicou ao “drama heroico” e outras obras dramáticas, sendo o seu maior éxito neste campo All For Love (1678). Considera Ifor Evans que o único feito notable do drama heroico da época da Restauración é que Dryden lle dedicou os seus mellores talentos, lamentando que un escritor tan admirable estivese limitado por tan pobre temática. Dryden nunca estivo satisfeito das súas obras teatrais, e con frecuencia suxería que o seu talento se malgastaba cun público que non o merecía.

Tratou de conseguir fama poética fóra da escena, pois abrigaba, “como primeira ambición en tanto que artista construír boas poesías”. En 1667, á vez que comezaba a súa carreira dramática, publicou Annus Mirabilis, un longo poema histórico sobre os acontecementos de 1666: a derrota inglesa fronte á armada holandesa e o grande incendio de Londres; “trátase dun trazo moi pouco usual o de converter feitos contemporáneos en poesía case de maneira inmediata”. Era épica moderna, en cuartetos pentámetros, que o estableceron como o poeta preeminente da súa xeración, e foi decisivo para obter o posto de "Poeta Laureado" (1668) e historiador real (1670).

Cando a gran praga pechou os teatros en 1665 Dryden retirouse a Wiltshire, onde escribiu Of Dramatic Poesy (1668), sen ningunha dúbida o mellor dos seus nada sistemáticos prefacios e ensaios, que tiñan como modelo os de Corneille. Dryden constantemente defendeu a súa propia práctica literaria. Essay of Dramatic Poesy, a primeira e máis longa das súas obras críticas, adopta a forma dunha conversa entre catro personaxes, cada unha delas baseado nun destacado contemporáneo, co propio Dryden como ‘Neander’, debatendo os méritos do drama clásico, do francés e do inglés. Na maior parte das súas obras críticas móstrase o traballo dun escritor independente que sente profundamente as súas propias ideas, ideas que demostran a incrible amplitude das súas lecturas. Sentía profundamente a relación do poeta coa tradición e o proceso creativo, e a súa mellor obra heroica, Aureng-Zebe (1675) ten un prólogo que denuncia o uso da rima no drama serio. A súa obra All for Love (1678), que seguiu a Aureng-Zebe, estaba escrita en versos brancos.

Os maiores logros de Dryden producíronse coa poesía satírica: o heroico-burlesco MacFlecknoe, un produto máis persoal dos seus anos como Laureado, era unha sátira que circulou en manuscrito e un ataque ao dramaturgo Thomas Shadwell. Non é unha forma despreciativa de sátira, senón unha que engrandece o seu obxecto de maneira inesperada, facendo do ridículo poesía. Este tipo de sátira política continuou con Absalom and Achitophel (1681) e The Medal (1682). Na primeira delas, “relata a política intrigante de Shaftesbury e a deslealdade de Monmouth, creando así a mellor das súas sátiras”. As súas outras obras principais durante este período foron os poemas relixiosos Religio Laici (1682), escrito dende a perspectiva dun membro da Igrexa de Inglaterra; a súa edición de 1683 de Plutarchs Lives Translated From the Greek by Several Hands na que presentou a palabra biografía aos lectores ingleses; e The Hind and the Panther, (1687) que celebra a súa conversión ao catolicismo.

Coa deposición do rei Xacobe en 1688, quedou sen apoios na corte. Thomas Shadwell sucedeuno como poeta laureado, e viuse forzado a deixar os seus cargos públicos e vivir da pluma. Dryden traduciu obras de Horacio, Xuvenal, Ovidio, Lucrecio e Teócrito, unha tarefa que atopaba máis satisfactoria que escribir obras para a escena. En 1694 comezou a traballar na que sería o seu máis ambiciosa obra como tradutor: The Works of Virgil (1697), que foi publicado por subscrición. A publicación da tradución de Virxilio foi un acontecemento nacional e reportoulle a suma de 1400 libras. As súas últimas traducións apareceron no volume Fables Ancient and Modern (1700), unha serie de episodios de Homero, Ovidio e Boccaccio, así como adaptacións modernas de Geoffrey Chaucer intercaladas con poemas propios. O Preface to the Fables (1700), considérase a máis comprometida e mellor das súas obras críticas, e un dos mellores ensaios en inglés. Como crítico e tradutor foi esencial en facer accesible ao público lector inglés obras literarias en linguas clásicas.

Dryden morreu en 1700 e atópase enterrado na abadía de Westminster. A influencia de Dryden como poeta foi inmensa na súa propia época, e a profunda perda que representaba para a literatura inglesa evidénciase nas elexías que inspirou á súa morte. A súa poesía, patriótica, relixiosa e satírico-política, popularizou un tipo de verso hendecasílabo que foi o preferido do século XVIII, pois foi tomado como modelo por poetas como Alexander Pope e Samuel Johnson. No século XIX a súa reputación decreceu. Un dos seus maiores defensores, T. S. Eliot, escribiu que el foi "o antecesor de case todo o que é mellor na poesía do século XVIII", e que "non podemos gozar plenamente nin valorar adecuadamente un século de poesía inglesa agás se sabemos gozar plenamente a Dryden".

Vida privada

O 1 de decembro de 1663 Dryden casou Lady Elizabeth Howard (falecida en 1714). A voda tivo lugar en St. Swithin's, Londres, e o consentimento dos seus pais aparece na licenza, aínda que Lady Elizabeth tiña arredor de vinte e cinco anos. Era fora obxecto dalgúns escándalos, ben ou mal fundados; disque Dryden fora empurrado ao matrimonio polos seus irmáns. O pai dela estableceu unha pequena casa en Wiltshire para eles. Aparentemente o intelecto e o temperamento de Elizabeth non eran bos e o seu marido era tratado como inferior polos membros da clase social dela. Tanto Dryden como a súa dona estaban moi vinculados aos seus fillos. Tiveron tres fillos: Charles (1666–1704), John (1668–1701) e Erasmus Henry (1669–1710). Lady Elizabeth Dryden sobreviviu o seu home, pero volveuse demente pouco despos da morte del. Aínda que houbo historicamente algunhas reclamacións de supostos descendentes de Drayden, ningún dos seus tres fillos tivo descendencia.

Obra selecta

Portada de The Hind and the Panther
Ilustración de Alexander's Feast
Obras dramáticas

As datas dadas son (estrea/publicación) e se non se indica outra cousa están tomadas da edición de Scott.

  • The Wild Gallant, a Comedy (1663/1669)
  • The Rival Ladies, a Tragi-Comedy (1663/1664)
  • The Indian Queen, a Tragedy (1664/1665)
  • The Indian Emperour, or the Conquest of Mexico by the Spaniards (1665/)
  • Secret Love, or the Maiden Queen (1667/)
  • Sir Martin Mar-all, or the Feigned Innocence, a Comedy (1667/1668)
  • The Tempest, or the Enchanted Island, a Comedy (1667/1670), adaptación con William D'Avenant de A tempestade, de Shakespeare
  • An Evening's Love, or the Mock Astrology, a Comedy (1668/1668)
  • Tyrannick Love, or the Royal Martyr, a Tragedy (1668 ou 1669/1670)
  • Almanzor and Almahide, or the Conquest of Granada by the Spaniards, a Tragedy, Parte I e Part II (1669 ou 1670/1672)
  • Marriage à la mode, a Comedy (1673/1673)
  • The Assignation, or Love in a Nunnery, a Comedy (1672/1673)
  • Amboyna; or the Cruelties of the Dutch to the English Merchants, a Tragedy (1673/1673)
  • The Mistaken Husband (comedia) (1674/1675)
  • The State of Innocence, and Fall of Man, an Opera (/1674)
  • Aureng-Zebe, a Tragedy (1676/1676)
  • All for Love, or the World Well Lost, a Tragedy (1678/1678)
  • Limberham, or the Kind Keeper, a Comedy (/1678)
  • Oedipus, a Tragedy (1678 or 1679/1679), adaptación con Nathaniel Lee de Oedipus, de Sófocles
  • Troilus and Cressida, or Truth found too late, a Tragedy (/1679)
  • The Spanish Friar, or the Double Discovery (1681 ou 1682/)
  • The Duke of Guise, a Tragedy (1682/1683) con Nathaniel Lee
  • Albion and Albanius, an Opera (1685/1685)
  • Don Sebastian, a Tragedy (1690/1690)
  • Amphitryon, or the Two Sosias, a Comedy (1690/1690)
  • King Arthur, or the British Worthy, a Dramatic Opera (1691/1691)
  • Cleomenes, the Spartan Hero, a Tragedy (1692/1692)
  • Love Triumphant, or Nature will prevail, a Tragedy (1693 ou 1694/1693 ou 1694)
  • The Secular Masque (1700/1700)
O Príncipe de Gales de neno, cuxo nacemento foi celebrado por Dryden celebrated en Britannia Rediviva
Outras obras
  • Astraea Redux, 1660
  • Annus Mirabilis (poema), 1667
  • An Essay of Dramatick Poesie, 1668
  • Absalom and Achitophel, 1681
  • Mac Flecknoe, 1682
  • The Medal, 1682
  • Religio Laici, 1682
  • Threnodia Augustalis, 1685
  • The Hind and the Panther, 1687
  • A Song for St. Cecilia's Day, 1687
  • Britannia Rediviva, 1688, esctrito polo nacemento de James, Príncipe de Gales.
  • Epigram on Milton, 1688
  • Creator Spirit, by whose aid, 1690. Tradución de Veni Creator Spiritus de Rabanus Maurus
  • The Works of Virxilio, 1697
  • Alexander's Feast, 1697
  • Fables, Ancient and Modern, 1700
  • The Art of Satire
  • To the Memory of Mr. Oldham, 1684

Notas

  1. Scott, W. Waverley, vol. 12, cap. 14, The Pirate: "I am desirous to hear of your meeting with Dryden". "What, with Glorious John?"
  2. Hopkins, David, John Dryden, ed. by Isobel Armstrong, (Tavistock: Northcote House Publishers, 2004), 22
  3. John Dryden The Major Works, ed. de Keith Walker, (Oxford: Oxford University Press, 1987),ix-x
  4. Ibid., x
  5. Abrams, M.H., and Stephen Greenblatt eds.
  6. Ifor Evans en Breve historia de la literatura inglesa, (Barcelona: Ed. Ariel, 1985),
  7. 7,0 7,1 Ifor Evans.
  8. Eliot, T.S., ‘John Dryden’, en Selected Essays, (Londres: Faber and Faber, 1932), 308
  9. John Dryden The Major Works, ed. de Keith Walker, xiv
  10. John Dryden The Major Works, 37
  11. Eliot, T.S., ‘John Dryden’, 305-6
  12. "The Life of John Dryden". luminarium.org. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  13. Stephen, Leslie. Dictionary of National Biography, 1885-1900 16. pp. 66, 73–74. 
  14. Stephen 1888, p. 66.
  15. Stephen 1888, p. 74.
  16. Stephen 1888, p. 72.
  17. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  18. Walter Scott, ed. (1808). The Works of John Dryden. Londres: William Miller. 
  19. Autoría en discusión. Non aparece en Scott.
  20. Hatfield, Edwin F., ed., The Church Hymn book, 1872 (n. 313, pp. 193–94), Nova York e Chicago

Véxase tamén

Bibliografía

Edicións
  • The Works of John Dryden, 20 vols., ed. H. T. Swedenberg Jr. et al., (Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press, 1956-2002)
  • John Dryden The Major Works, ed. de Keith Walker, (Oxford: Oxford University Press, 1987)
  • The works of John Dryden, ed. de David Marriott, (Hertfordshire: Wordsworth Editions, 1995)
  • John Dryden Selected Poems, ed de David Hopkins, (Londres: Everyman Paperbacks, 1998)
  • John Dryden Complete Translation of Vergil's Aeneid, ed. de Don Brine (Londres: Everyotherman Paperbacks, 1994)
  • All for love (en inglés) Ediciones del Prado, S.A. Madrid, 2003. ISBN 84-8372-980-6. Ed. especial para O.K.
Biografía
Crítica moderna
  • Eliot, T.S., "John Dryden", in Selected Essays (Londres: Faber and Faber, 1932)
  • Hopkins, David, John Dryden, ed. by Isobel Armstrong (Tavistock: Northcote House Publishers, 2004)
  • Oden, Richard, L. Dryden and Shadwell, The Literary Controversy and 'Mac Flecknoe (1668–1679) (Scholars' Facsimiles and Reprints, Inc., Delmar, Nova York, 1977)
  • Van Doren, Mark (2007). John Dryden: A Study of His Poetry. Read Books. ISBN 978-1406724882. 
  • Stark, Ryan. "John Dryden, New Philosophy, and Rhetoric", in Rhetoric, Science, and Magic in Seventeenth-Century England (Washington: Catholic University of America Press, 2009)

Ligazóns externas