Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Cuerda Martínez 18 de febreiro de 1947 Albacete, España |
Morte | 4 de febreiro de 2020 (72 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Embolia arterial |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , escritor , produtor de cinema , guionista , actor |
Período de actividade | 1982 - |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947 e finado en Madrid o 4 de febreiro de 2020, foi un director, guionista e produtor de cine español.
Comezou a estudar Dereito, pero deixouno despois de tres anos, converténdose en técnico de radiodifusión e televisión. En 1969 entrou a traballar en Televisión Española, realizando en cinco anos máis de 500 reportaxes e documentais para os servizos informativos. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca.
Despois de diversas curtametraxes, en 1982 dirixiu a súa primeira longametraxe, Pares y nones, que o situou no ámbito dos directores que cultivan a chamada "comedia madrileña" (Fernando Colomo é outro dos seus máis importantes representantes).
A súa seguinte película, El bosque animado, (1987) inaugurou na súa carreira unha nova etapa caracterizada por un humor surrealista. Un ano despois apareceu o traballo que o consagrou como realizador, no que obtivo un grande éxito por parte do público: Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completouse unha especie de triloxía co humor absurdo como elemento común.
Con A lingua das bolboretas (1999) presentou unha visión tenra e ó mesmo tempo descarnada da guerra civil española desde a relación dun neno co seu mestre.
Tamén destacou no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres longametraxes do director español Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e The Others); ademais de ser o guionista da maioría das súas producións detrás das cámaras.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Luis Cuerda |