Busto | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José María Busto Llano | ||
Nacemento | 12 de novembro de 1923 | ||
Lugar de nacemento | Portugalete | ||
Falecemento | 27 de maio de 2012 | ||
Lugar de falecemento | Sevilla | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1941–1942 | Barakaldo | 12 | (0) |
1942–1958 | Sevilla | 339 | (0) |
Selección nacional | |||
1954 | España B | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. | |||
José María Busto Llano, nado en Portugalete o 12 de novembro de 1923 e finado en Sevilla o 27 de maio de 2012, foi un futbolista vasco, que xogaba como porteiro. Desenvolveu case toda a súa carreira no Sevilla, co que disputou 401 partidos oficiais, sendo o gardameta con máis encontros da historia do club.
Comezou a súa carreira no Barakaldo, co que debutou en Segunda División na tempada 1941/42. En 1942 fichou polo Sevilla FC, sendo un piar indiscutible ao longo de dezaseis tempadas, sendo titular por diante de todos os porteiros que pasaron durante ese tempo polo club, como Paquillo ou Manolín.
Foi o porteiro titular durante a histórica tempada 1945/46, na que o Sevilla se proclamou campión de liga, e defendeu a portería tamén na final da Copa do Xeneralísimo 1947/48, onde gañou o título derrotando ao Celta de Vigo en Chamartín. Xogou tamén a final de Copa de 1955, onde o Sevilla perdeu contra o Athletic. Estivo varias veces preto de debutar coa selección española, pero a gran competencia dos seus coetáneos Ignacio Eizaguirre, Antonio Ramallets e Carmelo Cedrún fixo que nunca acadara a internacionalidade absoluta, aínda que si debutou coa selección B.
Disputou un total de 401 partidos oficiais co Sevilla, sendo o gardameta con máis encontros da historia do club.