Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1834 Viena |
Morte | 12 de decembro de 1890 (56 anos) Londres |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Londres (1859–1862) Francia (1858–1859) Italia (1858–1859) |
Ocupación | escultor , pintor , medallista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Louisa Frances Boteler (1860–) |
Fillos | Florence Louise Boehm (en) , Sir Edgar Collins Boehm, 2nd Bt. (en) |
Pais | Joseph Daniel Böhm (pt) e Louisa Anna Lussman (en) |
Joseph Edgar Boehm, nado en Viena o 6 de xullo de 1834 e finado en Londres o 12 de decembro de 1890, foi escultor e medallista británico de orixe austríaca, coñecido sobre todo polo seu deseño do busto de Vitoria do Reino Unido para as moedas do Xubileu e, entre outras, pola estatua do duque de Wellington en Hyde Park Corner, Londres.
Durante a súa carreira, Boehm mantivo un gran estudio en Londres e produciu unha importante cantidade de esculturas públicas e encargas privadas. A familia real británica e os membros da aristocracia encargábanlle adoito esculturas para os seus parques e xardíns. Unha das súas especialidades era o busto, do que se conservan numerosos exemplos na National Portrait Gallery.
Boehm expuxo 123 obras na Royal Academy desde 1862 ata a súa morte en 1890.
Boehm (orixinalmente Böhm) naceu en Viena nunha familia de orixe húngara. O seu pai, Josef Daniel Böhm, era fabricante de medallas da corte austríaca e director da Ceca Imperial de Viena.
De 1848 a 1851, Boehm estudou en Londres, na academia de arte de Leigh —antecesora da Heatherley School of Fine Art— e logo regresou a Viena, onde se formou en modelismo e deseño de medallas na Academie der Bildenden Kunste ("Academia de Belas Artes"). Logo traballou como artista en Italia e, posteriormente, de 1859 a 1962, en París. En 1856 recibiu o primeiro Premio Imperial de Escultura, en Viena.
En 1862, Boehm instalouse en Londres, onde expuxo medallas da súa creación na Exposición Internacional dese mesmo ano. Alí abriu un estudio e expuxo a súa primeira obra escultórica, un busto de terracota, na Royal Academy.
Boehm converteuse en súbdito británico en 1895. Ao longo da década de 1860 dedicouse á produción de bustos, ademais de estatuas ecuestres e estatuíñas diversas. Entre os bustos que realizou están os de John Everett Millais, Stratford Canning, Charles Thomas Newton e Franz Liszt. A estatuíña de Boehm de William Makepeace Thackeray, aínda que foi concluída despois da morte do autor, considerouse de tal calidade que foi obxecto de varias copias, incluídos exemplares para o Garrick Club e para o Athenaeum Club, ambos de Londres.
Os membros da aristocracia adoitaban encargarlle a Boehm esculturas ecuestres para os parques e os xardíns das súas casas señoriais. A súa grande escultura do popular semental King Tom (1874) foi encargada polo barón Mayer Amschel de Rothschild para a súa nova mansión, Mentmore Towers, en 1873, e logo trasladouse a Dalmeny House, preto de Edimburgo, en 1982. Entre as súas grandes obras de animais está tamén The Young Bull and Herdsman ("O touro novo e o pastor"), de 1871, situada na Real Sociedade Agraria de Victoria, en Melbourne. The Horse and His Master ("O cabalo e o seu amo"), de 1874 —ás veces coñecida como A Clydesdale Stallion Rearing ("Cría dun semental Clydesdale"), en Malvern e Brueton Park en Solihull, Midlands do Oeste, foi exposta na Royal Academy en 1874 e na Exposición Universal de París de 1878. Esta obra foi adquirida por Oliver Bird, neto do industrial e químico Alfred Bird, por 300 libras esterlinas en abril de 1944, e logo doada ao municipio de Solihull para que a colocase nun dos seus parques.
En 1869, o traballo de Boehm chamou a atención da raíña Vitoria e o artista conseguiu axiña gañar o favor da corte real. En 1871 realizou unha estatua de Vitoria en mármore para o castelo de Windsor que, xunto co monumento do daquela príncipe Eduardo na capela de San Xurxo do mesmo castelo, se consideran as súas primeiras grandes obras. En total, ao longo da súa carreira artística, Boehm realizou máis de corenta encargas procedentes da corte británica. Entre outras, foi comisionado para crear novas estatuas de Vitoria con motivo do seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado—, varias das cales eran réplicas, unha práctica común e aceptada na época. Vitoria deixou clara a súa aprobación do traballo de Boehm ao inaugurar en persoa as súas estatuas en Windsor e de Balmoral, o que aumentou o atractivo da súa obra para as autoridades locais e coloniais, que adoitaban encargar este tipo de monumentos.
No seu estudio de Londres, que mantivo ao longo da súa traxectoria artística, Boehm creou unha obra moi prolífica, entre a que se contan polo menos cincuenta e sete estatuas e monumentos públicos. En total, se atribúenselle a Boehm máis de 350 esculturas. En 1874, o artista terminou unha importante estatua de John Bunyan (1628-1688) que foi inaugurada o 10 de xuño en St Peter's Green, Bedford, ante unha multitude de 10.000 persoas. De entre as numerosas estatuas de Boehm en Londres, a ecuestre do duque de Wellington en Hyde Park Corner, inaugurada en 1888, encargóuselle para compensar a retirada da colosal escultura do duque, obra de Matthew Cotes Wyatt, desde o veciño Wellington Arch ata a vila de Aldershot.
Os deseños de Boehm utilizáronse para unha serie de medallas cuñadas co gallo de conmemorar diversos acontecementos do reinado de Vitoria, entre eles o Xubileu de Ouro (1887), o Xubileu de Diamante (1897) e a visita a Irlanda en 1900. En 1887, Boehm deseñou tamén e gravou o modelo para os cuños dunha serie de moedas conmemorativas do Xubileu de Ouro da Raíña, que levan as súas iniciais J.E.B. no truncamento do ombreiro no busto real do anverso. Este deseño foi duramente criticado por diversos motivos, tanto polos seus colegas como pola poboación, e substituíuse na circulación en 1893.
Os primeiros bustos creados por Boehm levárono máis adiante, na súa carreira, a realizar un total de cincuenta e sete monumentos eclesiásticos e obras conmemorativas, incluídas varias en catedrais británicas. Para o monumento ao xeneral Charles George Gordon na catedral de San Paulo, esculpiu unha efixie de Gordon deitado nun sarcófago. Á morte do deán Stanley, Boehm recibiu a encarga de executar o seu sarcófago na abadía de Westminster. Esta abadía tamén alberga os monumentos de Boehm a lord Beaconsfield e ao vizconde Canning, ademais da súa estatua de mármore do conde de Shaftesbury. O seu monumento ao arcebispo Tait atópase na catedral de Canterbury.
Varias das grande esculturas de Boehm reproducíronse despois en edicións populares en bronce a pequena escala, a modo de estatuíñas, entre elas as figuras de soldados do monumento a Wellington e unha peza de grupo de San Xurxo e o Dragón.
Boehm converteuse en membro asociado da Royal Academy en 1878 e membro de pleno dereito en 1882. En 1881 foi nomeado escultor extraordinario da raíña. En 1889 concedéuselle o título de baronete de Wetherby Gardens, na parroquia de St Mary Abbots, Kensington, no condado de Londres.
Na súa faceta máis altruísta, Boehm apoiou e animou a varios artistas e escultores novos, sobre todo a Édouard Lantéri, Alfred Gilbert e Alfred Drury. En concreto, contribuíu a que Gilbert recibise a encarga da fonte conmemorativa de Shaftesbury en Piccadilly Circus, en tanto que Lantéri e Drury traballaron no estudio de Boehm durante un tempo.
A alumna máis famosa de Boehm foi a princesa Luísa, duquesa de Argyll, filla da raíña Vitoria. Ela estaba presente na casa de Boehm, no número 76 de Fulham Road, Londres, cando este morreu repentinamente o 12 de decembro de 1890, o que provocou especulacións na prensa acerca dunha probable relación sexual entre eles. Segundo a historiadora Lucinda Hawksley, ambos mantiveron unha longa relación amorosa.
Hai un monumento a Boehm na cripta da catedral de San Paulo de Londres.
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Raíña Vitoria |
Gran vestíbulo, Castelo de Windsor. | 1871 | Estatua sedente en pedestal. Mármore. | |
King Tom |
Dalmeny House, preto de Edimburgo. | 1873 | Estatua equina sobre zócolo. Bronce. | |
John Bunyan |
Rúa St Peter, Bedford. | 1874 | Estatua en pedestal e paneis. Bronce e granito. | |
The Horse and His Master |
Malvern and Brueton Park, Solihull. | 1874 | Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e pedra. | |
Horse and Groom |
Corte en Eaton Hall, Cheshire. | Ca. 1875 |
Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Elizabeth Russell |
Galería de escultura, Woburn Abbey, Bedfordshire. | 1875 | Estatua en pedestal. Bronce dourado e mármore. | |
John Fox Burgoyne |
Waterloo Place, Londres. | 1877 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Leopoldo I de Bélxica |
Capela de San Xurxo, castelo de Windsor. | 1878 | Grupo escultórico en relevo. Mármore. | |
John Russell |
Abadía de Westminster, Londres. | > 1878 |
Busto. Mármore. | |
Eduardo VII |
Jijamata Udyaan, Bombai. | 1879 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
John Russell |
Palacio de Westminster, Londres. | 1880 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
Raíña Vitoria |
Temple Bar, Londres. | 1880 | Estatua en nicho. Pedra. | |
Eduardo VII |
Temple Bar, Londres. | 1880 | Estatua en nicho. Pedra. | |
Fonte a G. Whyte-Melville |
Market Street, St Andrews. | 1880 | Os catro medallóns da fonte. Granito. | |
Stratford Canning |
Abadía de Westminster, Londres. | > 1880 |
Estatua en pedestal. Mármore. | |
Thomas Carlyle |
Chelsea Embankment, Londres. | 1882 | Estatua sedente en pedestal. Granito. | |
John Brown |
Castelo de Balmoral, Aberdeenshire. | 1883 | Estatua en pedestal. Bronce. | |
Henry J. Stephen Smith |
Museo de Hª Natural. Universidade de Oxford. | 1883 | Busto. Mármore. | |
Francis Drake |
Plymouth Road, Tavistock, Devon. | 1883 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Francis Drake |
Plymouth Hoe, Plymouth. | 1884 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
William Tyndale |
Victoria Embankment, Londres. | 1884 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Benjamin Disraeli |
Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Estatua en pedestal. Mármore | |
Arthur Penrhyn Stanley |
Capela Henrique VII. Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Tumba de altar con efixie. Alabastro e mármore. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
A. Campbell Tait |
Catedral de Canterbury. | 1885 | Efixie do cenotafio. Mármore. | |
Charles Darwin |
Museo de Hª Natural, Londres. | 1885 | Estatua sedente. Mármore. | |
M. Thomas Bass |
Wardwick, Derby. | 1885 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
John Lawrence |
Waterloo Place, Londres. | 1885 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Fonte a Herbert Stewart |
Hans Place, Knightsbridge. | 1886 | Medallón na fonte. Bronce. | |
Raíña Vitoria |
Castelo de Balmoral, Aberdeenshire. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Stafford Northcote |
Northernhay Gardens, Exeter. | 1887 | Estatua en pedestal. Pedra e granito. | |
Raíña Vitoria |
Castle Hill, Windsor, Berkshire. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Alberte, consorte |
Windsor Great Park, Berkshire. | 1887 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Raíña Vitoria |
Queen's Square, Sydney. | 1888 | Estatua en pedestal. | |
St George and the Dragon |
Biblioteca Estatal de Victoria, Melbourne. | 1888 | Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Arthur Wellesley |
Hyde Park Corner, Londres. | 1888 | Estatua ecuestre en pedestal con figuras. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria |
College Green, Bristol. | 1888 | Estatua en pedestal. Mármore, granito e bronce. | |
John Elder |
Elder Park, Govan, Glasgow. | 1888 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Duque de Buccleuch |
West Parliament Square, Edimburgo. | 1888 | Estatua en pedestal e chanzos. Bronce e pedra. | |
Anthony Ashley Cooper |
Abadía de Westminster, Londres. | 1888 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
Charles Darwin |
Abadía de Westminster, Londres. | 1888 | Busto en medallón. Bronce. | |
Charles George Gordon |
Catedral de San Paulo, Londres. | Ca. 1885 |
Efixie en zócolo. Bronce, mármore, latón e pedra. | |
Herbert Stewart |
Catedral de San Paulo, Londres. | Ca. 1885 |
Panel en relevo. Bronce. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Thomas Carlyle |
Ecclefechan, Dumfries and Galloway. | 1882 | Estatua sedente en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria |
Langalibalele St, Pietermaritzburg, Suráfrica. | 1890 | Estatua en pedestal. Mármore e pedra. | |
Barón Napier de Magdala |
Queen's Gate, Kensington, Londres. | 1891 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Cabalo |
Waddesdon Manor, Buckinghamshire. | 1890 1891 |
Estatua ecuestre pedestal. Bronce e pedra. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Edgar Boehm |
Predecesor: Leonard Charles Wyon |
Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1887 - 1893 |
Sucesor: Thomas Brock |