Konami Corporation | |
---|---|
Fundación | 1973 |
Localización | Toquio, Xapón |
Persoas clave | Kagemasa Kozuki |
Industria | Informática |
Produtos | Videoxogos |
Na rede | |
https://www.konami.com/ja/ e https://www.konami.com/en/ | |
Konami Corporation (コナミ株式会社) é unha empresa dedicada principalmente á realización de videoxogos para diversos sistemas desde ordenadores e videoconsolas ata máquinas recreativas.
No ano 1969, Kagemasa Kōzuki abriu unha tenda de venda e reparación de tocadiscos en Kozushima, Toyonaka, Osaca, Xapón. Impulsado por Sega, Atari e Midway Games en 1973 comezou cun grande equipo de programadores, grafistas e expertos financeiros, fundando Konami Industries Co.
A compañía comezou a dar os seus primeiros pasos da man doutras empresas como Sony (coas computadoras MSX) ou Atari (coa consola Atari 2600).