Kronos Quartet | |
---|---|
Concerto do Kronos Quartet no Linconl Center, 2013 | |
Orixe | San Francisco, EEUU, Estados Unidos |
Período | 1973 – presente |
Xénero(s) | Música clásica, Música clásica contemporánea |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros |
|
Antigos membros |
|
Na rede | |
www | |
Kronos Quartet é un cuarteto de cordas estadounidense fundado polo violinista David Harrington en 1973, e especializado na interpretación de música clásica contemporánea.
O cuarteto traballou con algúns dos principais músicos contemporáneos que se poden adscribir á chamada corrente minimalista, como Philip Glass, Roberto Carnevale, Steve Reich, Terry Riley, Kevin Volans e Café Tacuba. Dentro destes parámetros, a súa obra é bastante ecléctica, e inclúe bandas sonoras para películas, música antiga, música folclórica, jazz e tango.
O cuarteto fundouno o violinista David Harrington en Seattle, Washington. A súa primeira actuación foi en novembro de 1973. Desde 1978, o cuarteto estableceuse en San Francisco, California. A formación de máis longa duración (desde 1978 até 1999) tivo a Harrington e John Sherba no violín, Hank Dutt en vióla e Joan Jeanrenaud ao violoncelo. En 1999, Joan Jeanrenaud abandonou Kronos porque estaba «ansiosa por algo novo»; foi substituída por Jennifer Culp que, á súa vez, foise en 2005 e foi substituída por Jeffrey Zeigler. En xuño de 2013, Zeigler foi substituído por Sunny Yang. Con máis de corenta álbums de estudio no seu haber e en todo o mundo, foron chamados «probablemente o grupo de "música nova" máis famoso do mundo» e foron eloxiados nos estudos filosóficos de música pola inclusión do seu repertorio.
Para cando o cuarteto celebrou o seu vigesimoquinto aniversario en 1999, tiñan un repertorio de máis de 600 obras, que incluían 400 cuartetos de cordas compostos expresamente para eles, máis de 3000 actuacións, sete primeiros premios ASCAP, Edison Award en música clásica e popular, e vendeu máis de 1,5 millóns de discos.
Durante a súa carreira teñen recibido importantes premios e distincións internacionais, como o Premio Schock de 1999, outorgado por un comité da Real Academia Sueca de Música e o Premio Grammy do ano 2004 á mellor interpretación de música de cámara.