Λακωνία (el) | |||||
Nomeado en referencia a | Laconia (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Grecia | ||||
División administrativa | Decentralized Administration of Peloponnese, Western Greece and the Ionian Islands (en) | ||||
Periferias | Periferia do Peloponeso | ||||
Capital | Esparta (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Evrotas Municipality (en) Monemvasia Municipality (en) Municipality of East Mani (en) Sparta Municipality (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.636 km² | ||||
Sucedido por | Laconia Regional Unit (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23x xx | ||||
ISO 3166-2 | GR-16 | ||||
Páxina web | lakonia.gr |
Laconia, antes coñecida como Lacedemonia, é unha unidade rexional da Grecia, localizada no sueste da rexión do Peloponeso, con capital na cidade histórica de Esparta.
Ten unha extensión de 3 636 km2 e unha poboación, en 1991, de 94.916 habitantes.
Segundo Pausanias, o primeiro rei da rexión chamouse Lélexe, ou Lélex, e era autóctono. Chámanse autóctonos aqueles personaxes nacidos directamente da tierra, sen ter pai nin nai, polo que estaban vinculados a esta para sempre. Deste rei vénlle o nome ós primeiros habitantes da rexión, os lélexes. Lélexe tivo dous fillos: Miles, que o sucedeu ó trono, e Policaón, que accedeu ó trono de Mesenia ó casar con Mesene, filla do rei de Argos.
A Miles sucedeuno o seu fillo Eurotas, un deus fluvial habido coa náiade Cleocaría, que dragou un pantano e creou un río, chamado Eurotas. Este casou con Clete e tivo unha filla, Esparta. Esparta casou con Lacedemón, fillo da náiade Táixete e Zeus, que foi o sucesor de Eurotas e quen bautizou ó reino como Lacedemonia e á cidade principal, fundada por el, como Esparta. Dise que tiveron dous fillos, Amiclas (o seu sucesor) e Eurídice, que casaría con Acrisio e sería a nai de Dánae.