Kalanga Ikalanga | ||
---|---|---|
Falado en: | Botswana e Cimbabue | |
Total de falantes: | 338 000 (2012-2015) | |
Familia: | Atlántico-congolesa Benue–congolesa Bantoide meridional Bantú Shona Kalanga | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Cimbabue | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kck
| |
Mapa | ||
Status | ||
O kalanga, ou tjiKalanga (en Cimbabue), é unha lingua bantú falada polo pobo kalanga de Botswana e Cimbabue. Ten un grande repertorio de fonemas, incluíndo palatais, velares, aspiradas e murmuradas, así como sibilantes asubiadas.
O kalanga está recoñecido como lingua oficial segundo a Constitución de Cimbabue de 2013, e é ensinada nas escolas das áreas onde se fala.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua kalanga |