Lombok | |
---|---|
Localización da illa | |
Lombok e o Monte Rinjani vistos desde o espazo, maio de 1992 | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas menores da Sonda |
Mar | Mar de Balí, océano Índico |
Coordenadas | 8°33′54″S 116°21′04″L / -8.56500, -116.35111Coordenadas: 8°33′54″S 116°21′04″L / -8.56500, -116.35111 |
Xeografía | |
Superficie | 4.514´11 km² |
Punto máis alto | 3.726 m. Rinjani |
Demografía | |
Capital | Mataram (pob. 420,941) |
Poboación | 3.166.685 hab. (2010) |
A illa de Lombok pertence á provincia indonesia de Nusa Tenggara Barat, situada entre as illas de Balí e Sumbawa. Con 4,725 km² de extensión e unha poboación de 3.166.789 habitantes segundo o censo de (2010), nela atópase Mataram, capital e cidade máis grande da provincia.
Historicamente, a illa garda relación coas dinastías hindús da veciña Balí. En 1674 comezou a chegada de holandeses á parte oriental da illa; a finais do século XIX, aproveitando unha revolta dos sasaks, os holandeses fanse co control total de Lombok en 1894 e incorpórano ás Indias Orientais Neerlandesas.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Lombok pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. De feito, a Liña pasa entre Lombok e a súa veciña Balí.
Illa de turismo non tan masivo como a próxima Balí, en Lombok os visitantes atopan praias case desertas e paisaxes de gran beleza, como o que rodea ao estratovolcán Rinjani (3,726 m), o terceiro en altitude de Indonesia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lombok |