Louise Brooks

Infotaula de personaLouise Brooks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Louise Brooks Editar o valor em Wikidata
14 de novembro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Cherryvale, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1985 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Rochester, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHoly Sepulchre Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , autobiógrafa , bailarina , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor em Wikidata - 1938 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEdward Sutherland (1926–1928)
Deering Davis

IMDB: nm0000315 Allocine: 4232 Allmovie: p8798 TCM: 23091 TV.com: people/louise-brooks IBDB: 33179
WikiTree: Brooks-13505 Find a Grave: 1581 Editar o valor em Wikidata

Mary Louise Brooks, Cherryvale (Kansas) o 14 de novembro de 1906 e finada en Rochester (Nova York) o 8 de agosto de 1985, foi unha actriz e escritora estadounidense que se converteu nunha das caras máis famosas do cinema mudo. Foi coñecida principalmente polos seus papeis en filmes mudos durante a última metade da década de 1920 nos Estados Unidos e sobre todo por tres filmes realizados en Europa entre 1929 e 1930.

Na súa carreira cinematográfica, que comezou en 1925 e rematou en 1938, participou en vinte e catro filmes, dous dos cales foron considerados pola revista The New Yorker como obras mestras: Die Büchse der Pandora e Tagebuch einer Verlorenen, ambas realizadas en Berlín polo director alemán Georg Wilhelm Pabst.

O seu corte de cabelo é o trazo máis distintivo da súa imaxe, que inspirou mesmo personaxes de banda deseñada como Valentina (1965).

Traxectoria

Primeiros anos

Louise Brooks, filla dunha pianista de talento, naceu en Kansas en 1906. Os seus pais inculcáronlle dende pequena unha gran paixón polos libros e a música. Aos nove anos sufriu abusos sexuais e aos catorce xa bebía alcohol.

Carreira cinematográfica

Brooks comezou a súa carreira no mundo do espectáculo como bailarina na compañía de danza moderna da escola de danza Denishaw, con Martha Graham, Ruth St. Denis e Ted Shaw, mais a súa teima provocou a súa marcha da compañía. Baixo a protección de amigos influentes, conseguiu entrar como bailarina en Ziegfeld Follies de Broadway onde foi descuberta pola Paramount, os estudios cinematográficos para os que rodou a maioría dos seus filmes estadounidenses. Debutou en 1925 en The Street Of Forgotten Men e pouco despois comezou a interpretar papeis protagonistas en diferentes comedias, unha das cales, dirixida por Howard Hawks, A Girl In Every Port (1928), en que facía de vampiresa, axudouna a ser coñecida en Europa.

A súa mellor interpretación nun filme estadounidense adoita ser considerada a de Beggars Of Life (1928), en que interpreta unha moza rural da que abusaran sexualmente, que escapa con dous vagabundos, Richard Arlen e Wallace Beery, que atopa nun tren. Nese momento da súa vida movíase nos círculos da alta sociedade e era unha convidada habitual das festas na mansión de William Randolph Hearst. O seu peiteado creara estilo e moitas mulleres cortaban o seu cabelo imitándoa.

Período europeo

Cando o cinema sonoro entrou en escena, e despois de negarse a facer unha versión sonora do seu filme The Canary Murder Case, Brooks decidiu marchar a Europa para rodar baixo as ordes do director expresionista Georg Wilhelm Pabst. En Alemaña protagonizou o filme de Pabst Die Büchse der Pandora (1928), no que interpreta a Lulu, unha vampiresa sexual que acaba sendo asasinada tras arrastrar todos os seus amantes á perdición. Foi o filme que converteu a Brooks nun mito e resulta interesante polo moderno tratamento que fai da sexualidade, introducindo por vez primeira o lesbianismo na pantalla.

A continuación, rodou o drama social Diary Of A Lost Girl (1929) e Prix de Beauté (1930), este último rodado en Francia. Os tres filmes foron enormemente censurados debido a que o seu contido se considerou demasiado "adulto" e o escándalo provocado polo tratamento aberto da sexualidade, xunto coa súa forte crítica social. Pasaron desapercibidas para o público porque coincidiu coa eclosión do cinema sonoro, perdendo o cinema mudo o seu atractivo.

Cando decidiu regresar a Hollywood, trala súa aventura europea, atopouse con que os estudios a incluíran nas súas listas negras, así que non volveu gozar do éxito que tivera anteriormente e en 1938 retirouse definitivamente.

Vida posterior

Tras finalizar a súa carreira cinematográfica, optou por volver a Wichita (Kansas), onde crecra, mais deseguido decidiu establecerse en Nova York, cidade en que traballou como vendedora en Saks Fifth Avenue e, máis adiante, de acompañante de homes ricos.

A principios da década de 1950, os historiadores de cine franceses redescubriron a figura de Brooks nunha retrospectiva sobre o cinema mudo na Filmoteca Francesa e proclamaron que era unha icona cinematográfica. Este renovado interese pola súa figura fixo que se levasen a cabo diversas retrospectivas que conseguiron rehabilitar a súa situación nos Estados Unidos. Brooks trasladouse a Rochester (Nova York) en 1956, invitada pola George Eastman House, que conserva a maior colección dos seus filmes. Coa súa axuda, comezou unha máis que notoria e prestixiosa carreira como cronista da época do cinema mudo.

Escribiu un libro titulado Lulu in Hollywood (1982), en que fala de Pabst e da rodaxe e alude varias veces a Frank Wedekind.

Tivo problemas co alcohol a maior parte da súa vida. Tras vivir soa moitos anos, faleceu o 8 de agosto de 1985 dun ataque ao corazón á idade de 78 anos, despois de sufrir artrite e enfisema durante os seus últimos anos.

Filmografía

Ano Título Personaxe Notas
1925 The Street of Forgotten Men A Moll Incompleto (perdido o rolo 7)
1926 American Venus, TheThe American Venus Miss Bayport Filme perdido. A finais da década de 1990 atopáronse algúns fragmentos tanto en branco e negro como en cor en Australia. En 2018 descubriuse un test de pantalla en technicolor de tres seguntos, únicos fragmentos coñecidos da actriz en cor. Outra escena perdida foi atopada nun vídeo de YouTube que fora subido en 2007.
1926 Social Celebrity, AA Social Celebrity Kitty Laverne Filme perdido
1926 It's the Old Army Game Mildred Marshall
1926 Show Off, TheThe Show Off Clara
1926 Just Another Blonde Diana O'Sullivan Consérvanse fragmentos
1926 Love 'Em and Leave 'Em Janie Walsh
1927 Evening Clothes Fox Trot Filme perdido
1927 Rolled Stockings Carol Fleming Filme perdido
1927 Now We're in the Air Griselle/Grisette En 2016, atopouse un fragmento de vinte e tres minutos no arquivo nacional cinematográfico checo en Praga. O material supervivente preservouse e exhibiuse por primeira vez en The San Francisco Silent Film Festival o 2 de xuño de 2017.
1927 The City Gone Wild Snuggles Joy Filme perdido
1928 Girl in Every Port, AA Girl in Every Port Marie, Girl in France
1928 Beggars of Life The Girl (Nancy) A versión sonora considérase perdida; só se conserva a versión muda
1929 Canary Murder Case, TheThe Canary Murder Case Margaret Odell Consérvanse as versións muda e sonora
1929 Die Büchse der Pandora Lulu
1929 Tagebuch einer Verlorenen Thymian
1930 Miss Europe Lucienne Garnier Título alternativo: Prix de Beauté. Consérvanse as versións muda e sonora
1931 It Pays to Advertise Thelma Temple
1931 God's Gift to Women Florine
1931 Windy Riley Goes Hollywood Betty Grey
1936 Empty Saddles "Boots" Boone
1937 When You're in Love Chorus Girl Sen acreditar
1937 King of Gamblers Joyce Beaton Escenas suprimidas
1938 Overland Stage Raiders Beth Hoyt

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Böhme, Margarete. The Diary of a Lost Girl (Louise Brooks edition), PandorasBox Press, 2010.
  • Brooks, Louise. Fundamentals of Good Ballroom Dancing, United States: autopublicado, 1940.
  • Brooks, Louise. Lulu in Hollywood, Nova York: Knopf, 1982.
  • Brooks, Louise. Lulu in Hollywood: Expanded Edition, Minneapolis: University of Minnesota Press, 2000.
  • Cowie, Peter. Louise Brooks: Lulu Forever, Nova York: Rizzoli, 2006.
  • Graves, Tom. "My Afternoon With Louise Brooks" in Louise Brooks, Frank Zappa, & Other Charmers & Dreamers, Memphis: Devault-Graves Books, 2015.
  • Jaccard, Rolland (ed.) Louise Brooks: Portrait of an Anti-Star, Nova York: New York Zoetrope, 1986.
  • Krenn, Gunter e Moser, Karin (eds.). Louise Brooks: Rebellin, Ikone, Legende, Austria: Film Archiv Austria, 2006.
  • Mollica, Vincenzo. Louise Brooks: Una Fiaba Notturna, Italia: Editori del Grifo, 1984
  • Oderman, Stuart. Talking to the Piano Player 2. BearManor Media, 2009. ISBN 978-1-59393-320-3.
  • Pabst, G.W. Pandora's Box (Lulu), Nova York: Simon & Schuster, 1971. (guión de Pabst de 1928)
  • Paris, Barry. Louise Brooks, Nova York: Knopf, 1989. ISBN 978-0-394-55923-0.
  • Sherrow, Victoria. Encyclopedia of Hair: A Cultural History. Greenwood Publishing Group, 2006. ISBN 978-0-313-33145-9.
  • Wahl, Jan. Dear Stinkpot: Letters From Louise Brooks. BearManor Media, 2010. ISBN 978-1-59393-474-3.

Ligazóns externas