Lucas Papadimos

Infotaula de personaLucas Papadimos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Λουκάς Παπαδήμος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
President of the Academy of Athens (en) Traducir
xaneiro de 2017 –
← Thanasis Valtinós (en) Traducir
Primeiro ministro de Grecia
11 de novembro de 2011 – 16 de maio de 2012
← Georgios PapandreuPanagiotis Pikrammenos (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Coalition Cabinet of Lucas Papademos (en) Traducir
Membro da Academia de Atenas
2006 –
Vicepresidente Banco Central Europeo
31 de maio de 2002 – 31 de decembro de 2010
← Christian Noyer (pt) TraducirVítor Constâncio (pt) Traducir →
Gobernador Bank of Greece (en) Traducir
26 de outubro de 1994 – 31 de maio de 2002
← Ioannis Boutos (en) TraducirNikolaos Garganas (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa de Grecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - física, enxeñaría eléctrica, economía (–1978)
Athens College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseFranco Modigliani Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario , político , banqueiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard (2010–)
Universidade de Atenas (1988–)
Universidade de Columbia (1975–1984) Editar o valor em Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webprimeminister.gr Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Παπαδήμος-1

Lucas Demetrios Papadimos (en grego Λουκάς Παπαδήμος, pronunciado /luˈkas papaˈðimos/), nado o 11 de outubro de 1947 en Atenas, é un político, físico e economista grego. En novembro de 2011 foi elixido por consenso dos partidos para o posto de primeiro ministro do seu país.

Traxectoria

Papadimos licenciouse en Física en 1970 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde posteriormente conseguiu un mestrado en enxeñaría eléctrica en 1972 e o doutoramento en economía en 1978. Posteriormente incoporouse como docente na Universidade de Columbia, ao tempo que traballaba como economista para a Reserva Federal de Boston. En 1985 regresa ao seu país natal e comeza a traballar en 1985 como director económico do Banco de Grecia. En 1993 convértese no vicegobernador e un ano despois, en 1994 no gobernador do banco estatal grego.

O seu labor como economista complementouno como catedrático da Universidade de Atenas. En 2002 deixa o seu posto como gobernador do banco central heleno e accede á vicepresidencia do Banco Central Europeo, onde permanece ata 2010. Tamén foi membro da Comisión Trilateral desde 1998.

O 10 de novembro de 2011 foi elixido por consenso dos principais partidos para o posto de primeiro ministro do seu país, logo da dimisión de Georgios Papandreu, no contexto dunha severa crise económica e política. O goberno de Papadimos incluíu trece ministros do ata daquela gobernante PASOK, entre eles o ministro de Economía Evangelos Venizelos, dous ministros da conservadora Nova Democracia, entre eles Stavros Dimas na responsabilidade de ministro de Exteriores, e un da tamén conservadora e nacionalista LAOS, nunha carteira menor. O encargo do seu goberno é dirixir o país ata as eleccións lexislativas convocadas para febreiro de 2012.

Predecesor:
Georgios Papandreu
Primeiro Ministro de Grecia
2011 - 2012

Sucesor:
Panagiotis Pikrammenos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas