Múte Bourup Egede

Infotaula de personaMúte Bourup Egede

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Nuuk, Groenlandia Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Groenlandia
23 de abril de 2021 –
← Kim Kielsen Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGroenlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoInuit Ataqatigiit Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua groenlandesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: mutebegede Editar o valor em Wikidata

Múte Inequnaaluk Bourup Egede, nado o 11 de marzo de 1987, é un político groenlandés. Dende abril de 2021 é o sétimo primeiro ministro de Groenlandia. Foi membro do Inatsisartut, o parlamento de Groenlandia, dende 2015 e, ademais, como presidente do partido Inuit Ataqatigiit dende 2018.

Traxectoria

Egede naceu en Nuuk mais medrou en Narsaq, no sur de Groenlandia. Rematou o ensino secundario en Qaqortoq antes de que en 2007 comezase a estudar Historia Cultural e Social na Universidade de Groenlandia. Entre 2011 e 2012, foi o vicepresidente de KISAQ, a Sociedade de estudantes académicos de Groenlandia. Non rematou os seus estudos, xa que en 2013 abandonou para facerse cargo dunha empresa familiar de forraxes dirixida polo seu pai.

En 2007, Egede foi membro do parlamento xuvenil groenlandés, o Inuusuttut Inatsisartui, e desde 2013 ata 2015 presidente do Inuusuttut Ataqatigiit, a organización xuvenil de Inuit Ataqatigiit.

Nas eleccións xerais de Dinamarca de 2015, Egede foi un candidato para o Folketing en representación de Inuit Ataqatigiit. Recibiu 2.131 votos, os cales non foron abondos para obter un escano no parlamento.

Entre 2016 e 2018, Egede exerceu como ministro de Materias Primas e Mercado de Traballo, onde simultaneamente, durante tres meses en 2017, foi ministro en funcións de Concellos, Aldeas, Barrios, Infraestruturas e Vivenda.

O 1 de decembro de 2018 foi elixido presidente do Inuit Ataqatigiit, sucedendo a Sara Olsvig. Liderou o partido nas eleccións xerais de Groenlandia de 2021, onde, cun 36,6% dos votos, se converteu no partido máis numeroso do parlamento. Con 3.380 votos persoais, Egede foi o candidato con máis votos persoais nas eleccións, recibindo 1.500 máis ca o primeiro ministro, Kim Kielsen do partido Siumut. O 16 de abril anunciouse a creación dunha coalición con Naleraq, cun Naalakkersuisut (gabinete) de 10 membros; Atassut, que contaba con dous escanos, anunciou que aínda que non entraría nunha coalición independentista prestarían apoio á coalición. Egede converteuse no primeiro ministro máis novo da historia de Groenlandia. Foi confirmado como primeiro ministro polo Inatsisartut o 23 de abril. Formou un novo goberno en abril de 2022.

Política e ideoloxía

Egede é o presidente Inuit Ataqatigiit, que é un partido socialista democrático en Groenlandia. Ao igual ca o partido, Egede está a prol da independencia de Groenlandia.

Vida persoal

Egede ten dous fillos coa súa exparella.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "CV – Múte B. Egede" (PDF) (en dinamarqués). Inatsisartut. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Hyldal, Christine (23 de abril de 2021). "Múte Egede er ny formand for Naalakkersuisut" (en dinamarqués). Kalaallit Nunaata Radioa. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  3. "Grønlandske IA vælger ny formand" (en dinamarqués). Altinget. 3 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Veirum, Thomas Munk (1 de decembro de 2018). "Múte B. Egede er ny IA-formand" (en dinamarqués). Kalaallit Nunaata Radioa. 
  5. 5,0 5,1 Ildor, Astrid (7 de abril de 2021). "En alvorlig, ung mand står til at blive Grønlands yngste regeringsleder" (en dinamarqués). DR. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  6. Dam, Camilla (May 27, 2015). "Múte B. Egede stiller op til Folketingsvalget" (en dinamarqués). Kalaallit Nunaata Radioa. Consultado o July 17, 2020. 
  7. "Resultater for valg.gl – Valg.gl" (en dinamarqués). valg.gl. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  8. Synnestvedt, Anne Meisner (8 de abril de 2021). "Muté B. Egede er den største stemmesluger, og Kielsen halser efter" (en dinamarqués). Kalaallit Nunaata Radioa. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  9. "Greenland's left-wing IA party forms new government, vows to block rare-earth mine". Reuters. 2021-04-16. Consultado o 2021-04-18. 
  10. "Her er Mútes Naalakkersuisut". Sermitsiaq (en dinamarqués). 
  11. "Nyt Naalakkersuisut: Siumut får fiskeri og udenrigsanliggender". Sermitsiaq.AG (en dinamarqués). Consultado o 2022-08-10. 
  12. "Left-wing party which opposes major mining project wins Greenland general election". Independent.co.uk. 7 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 2022-06-18. 

Véxase tamén

Ligazóns externas