Man Negra (Palestina)

A Man Negra (en árabe: al-Kaff al-Aswad) foi unha organización armada clandestina de corte islamista que operou no Mandato británico de Palestina. Foi fundada en 1930 e dirixida polo Xeque sirio Izz ad-Din al-Qassam até a súa morte en 1935.

Logo do fracaso da revolta siria de 1921 que el liderara, al-Qassam escapou a Haifa e ocupouse de recrutar e preparar militarmente a campesiños árabes. As células clandestinas non estaban compostas por máis de cinco persoas. Esta organización comezou a coñecerse co nome de Man Negra. En total, chegou a ter entre 200 e 800 homes. En varios atentados tiveron como obxectivo a civís xudeus no norte de Palestina entre 1930 e 1935 e mataron canto menos a oito deles. Nun ataque foron asasinados tres membros do kibbutz Yagur, e noutro un pai e o seu fillo foron asasinados en Nahalal. O grupo tamén actuou contra as árbores plantadas polos xudeus e contra as vías férreas colocadas polos británicos.

Al-Qassam xustificaba a violencia baseada na relixión. Logo do Masacre de Hebrón de 1929, intensificou a súa axitación anti-británica e anti-sionista e obtivo unha fatwa do Xeque Badr al-Din al-Taji al-Hasani, o Muftí de Damasco, autorizando o uso da violencia contra os británicos e os xudeus.

O 20 de novembro de 1935, logo de matar a un oficial da Forza de Policía de Palestina, al-Qassam foi rodeado pola policía británica nunha cova preto de Jenin e morto nun tiroteo xunto con tres dos seus compañeiros. Algúns dos veteranos da Man Negra participaron na Revolta árabe de Palestina de 1936.

Notas

  1. Lozowick, Yaacov (2003). Right to Exist: A Moral Defense of Israel's Wars. Doubleday. pp. 48. 
  2. 2,0 2,1 Segev, Tom (1999). One Palestine, Complete. Metropolitan Books. pp. pp. 360–362. ISBN 0805048480. 

Véxase tamén

Ligazóns externas