Mariner 5

Mariner 5
Mariner 5.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica, fóra de servizo.
Data de lanzamento14 de xuño de 1967, 6:01 GMT
Foguete portadorAtlas Agena D
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 12
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.
NSSDC ID1967-060A
Masa244,9 kg

Mariner 5 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 14 de xuño de 1967 mediante un foguete Atlas Agena D desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Venus.

Características

Mariner 5 pertenceu ó programa Mariner da NASA e foi a quinta do seu tipo. Mariner 5 era a nave de substitución en caso de fallo da Mariner 4, enviada a Marte, pero dado o éxito desta última decidiuse usar á Mariner 5 nunha misión a Venus.

A nave estabilizábase nos tres eixos, usando o Sol e Canopus como referencia e pasou a 4000 km sobre as nubes de Venus o 19 de outubro de 1967, facendo medicións do campo magnético interplanetario, das partículas cargadas e do plasma, así como refractividade para ondas de radio da atmosfera venusiana e as súas emisións ultravioleta.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (1 de xullo de 2013). "Mariner 5" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2011). "Mariner 5" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mariner 5" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARINER 5 (VENUS)" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  5. "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-27609). 22 de novembro de 1967: 2. Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Mariner 5" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos