Megacidade

Imaxe satélite da Área do Gran Toquio pola noite (2021).
Rañaceos en Shinjuku (Toquio) en 2009.

Unha megacidade é unha enorme cidade, polo xeral cunha poboación de máis de 10 millóns de persoas. As definicións precisas do concepto poden variar: o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas no seu informe "World Urbanization Prospects" de 2018 considera megacidades as aglomeracións urbanas con máis de 10 millóns de habitantes. Un estudo da Universidade de Bonn sostivo que "xeralmente se definen como unha área metropolitana cunha poboación total de 10 millóns de persoas ou máis". Outros enumeran cidades que satisfán criterios de 5 ou 8 millóns e tamén teñen unha densidade de poboación de 2.000 por quilómetro cadrado. Os termos conurbación, metrópole e metroplex tamén se aplican a estes últimos.

O número total de megacidades no mundo varía entre as distintas fontes: o mundo ten 33 megacidades de acordo coas Nacións Unidas (en 2018), 45 segundo CityPopulation.de (en 2023) e 44 segundo Demographia (en 2022). Arredor da metade destas megacidades atópanse na China e na India. Os outros catro países co maior número de megacidades son o Brasil, o Xapón, Paquistán e os Estados Unidos de América. As megacidades africanas están presentes en Nixeria, Exipto, Suráfrica e a República Democrática do Congo; as megacidades europeas atópanse en Rusia, Francia, o Reino Unido e Turquía (tamén en Asia); as megacidades de América Latina están no Brasil, México, Colombia, o Perú e a Arxentina. Algunhas fontes sinalan a Área do Gran Toquio como a meirande megacidade do mundo, mentres que outros danlle o título ao Delta do Río das Perlas.

Notas

  1. "Definition of megacity in English". Oxford Dictionaries. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  2. "megacity Meaning in the Cambridge English Dictionary". dictionary.cambridge.org (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  3. Safarik, Daniel; Ursini, Shawn; Wood, Antony (2018). "Megacities and tall buildings: symbiosis". E3S Web of Conferences 33: 01001. doi:10.1051/e3sconf/20183301001. 
  4. 4,0 4,1 "World Urbanization Prospects, The 2018 Revision" (PDF). UN DESA. 7 de agosto de 2019. p. 77. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 18 de marzo de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  5. Kötter, Theo; Friesecke, Frank (1 de marzo de 2009). "Developing urban Indicators for Managing Mega Cities". World Bank. Universidade de Bonn. 
  6. 6,0 6,1 "Land Use and Land Use Change". seos-project.eu. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  7. "Demographia World Urban Areas, 18th Annual Edition" (PDF). Demographia. xullo de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  8. "Major Agglomerations of the World - Population Statistics and Maps". www.citypopulation.de. Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  9. Van Mead, Nick (28 de xaneiro de 2015). "China's Pearl River Delta overtakes Tokyo as world's largest megacity". The Guardian. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  10. Weller, Chris (8 de xullo de 2015). "The world's largest megacity already has more people than Canada, Argentina, or Australia". Business Insider. Consultado o 3 de abril de 2020.