Unha mesa de debuxo ou un taboleiro de debuxo é unha prancha de madeira ou contraplacado (tamén pode ser metálica ou de plástico) de diferentes dimensións, estritamente rectangular, onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo técnico ou artístico.
No marco do debuxo de planos ou de arquitectura, agora substituído polo CAD ou DAO e outras aplicacións informáticas, á mesa de debuxo podía aplicarse nos bordos un T, mediante o que se podían debuxar liñas rectas paralelas ou perpendiculares.
Comercialízanse taboeiros de debuxo de plástico, que incorporan un sistema para a fixación do papel e unhas regras para trazar liñas rectas paralelas ou perpendiculares, dedicadas a alumnos de escolas técnicas ou de afeccionados.
O nivel máis alto da mesa de debuxo é a "mesa profesional", coa a altura e a inclinación axustábeis facilmente cun contrapeso e un pedal, e que pode ser equipada cun paralex, unha ferramenta para debuxar, utilizada por deseñadores e arquitectos antes da chegada dos ordenadores.
Noutros dispositivos en lugar da regra paralela hai un soporte cun dispositivo chamado tecnígrafo que ten dúas regras en ángulo recto (montadas nunha rótula axustábel) que poden moverse por toda a mesa mantendo sempre a mesma inclinación.
No debuxo artístico, a mesa de debuxo serve como soporte para:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mesa de debuxo |