Microvariability and Oscillations of Stars / MOST | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | Axencia Espacial Canadense |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 2003, 14:15 UTC |
Foguete portador | Rokot |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk |
Obxectivo da misión | Observacións astrosismolóxicas. |
NSSDC ID | 2003-031D |
Masa | 51 kg |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7201 km |
Inclinación | 98,7 graos |
Apoapse | 830,2 km |
Periapse | 817,4 km |
MOST, acrónimo de Microvariability and Oscillations of Stars, é un observatorio espacial da Axencia Espacial Canadense usado para facer medicións da variabilidade das estrelas. Foi lanzado o 30 de xuño de 2003 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Rokot.
MOST ten forma de caixa de 65 x 65 x 30 cm e unha masa de 51 kg. Leva como único instrumento un telescopio reflector de 15 cm de apertura para estudar as variacións no brillo das estrelas causadas polas ondas de son na súa superficie e polo tránsito de posibles planetas.
Os obxectivos científicos de MOST son: