Coordenadas: 39°16′54″S 175°34′07″L / -39.281666666667, 175.56861111111
Monte Ruapehu | |
---|---|
Monte Ruapehu no verán | |
Elevación: | 2.797 metros (9.175 pés) |
Localización: | Nova Zelandia |
Tipo: | Estratovolcán |
Última erupción: | 2007 |
Primeira subida: | 1879 por G. Beetham e J. P. Maxwell |
O Monte Ruapehu, ou Ruapehu, é un estratovolcán activo no sur da Zona volcánica Taupo en Nova Zelandia. Está a 23 quilómetros ao nordés de Ohakune e 40 quilómetros ao suroeste da marxe sur do Lago Taupo, dentro do Tongariro National Park. Nas súas ladeiras están as maiores pistas de esquí da Illa Norte e algúns glaciares.
Ruapehu é un dos volcáns máis activos do mundo e o volcán activo máis grande de Nova Zelandia. É o punto máis alto da Illa Norte ( North Island) e inclúe os tres cumes máis altos: Tahurangi (2.797 m), Te Heuheu (2.755 m) e Paretetaitonga (2.751 m). O profundo e activo cráter está entre os cumes.
A zona e arredores do monte Ruapehu son moi coñecidos porque foi neles onde se rodou boa parte das películas O señor dos aneis.
Despois de meses de especulación e controversia, o 18 de marzo de 2007 entrou en erupción.