Morcego de Natterer

Morcego de Natterer
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: Myotis
Especie: M. nattereri
Nome binomial
Myotis nattereri
(Kuhl, 1817)

Subespecies
  • M. nattereri subsp nattereri, Kuhl, (1817)
  • M. nattereri subsp tschuliensis, Kuzyakin, (1935)

O morcego de Natterer (Myotis nattereri) é un morcego europeo de pelame amarronado e ás dun ton máis claro. A súa cor é tamén marrón na membrana da á, pasando a ser branca no ventre. Pode atoparse na maior parte do continente, pero non hai moitos exemplares. A súa fórmula dentaria é .

Hábitat

Distribución europea

A distribución no Reino Unido do morcego pode atoparse no sitio web da National Biodiversity Network.

No verán viven en árbores de folla caduca, en coníferas, ou en edificios próximos ás súas fontes de alimento.

Protección

Estes morcegos están protexidos baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza levou a que os bosques fosen considerados como Sitios de Interese Científico Especial ou Áreas Especiais de Conservación, e realizarase un plan para ampliar esta protección a nivel nacional.

Ecolocación

A frecuencia utilizada por esta especie de morcego vai entre 23–115 kHz, acadando picos de enerxía nos 53 kHz e cunha duración que promedia 3.8 ms.

Recibiron o seu nome polo naturalista alemán Johann Natterer.

Notas

  1. "Myotis nattereri : Natterer's Bat". species.nbnatlas.org. Consultado o 2022-04-21. 
  2. Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
  3. Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas