Mortalidade infantil

Taxas de mortalidade infantil no mundo en 2008.

A mortalidade infantil é o indicador demográfico que sinala o número de defuncións de nenos nunha poboación de cada mil nacementos vivos rexistrados, durante o primeiro ano da súa vida.

As principais causas de mortalidade infantil son asfixia no nacemento, pneumonía, complicacións no parto, infección neonatal, diarrea, malaria e malnutrición. Moitos factores inflúen na mortalidade infantil, como o nivel educativo da nai, as condicións sociais e a infrestrutura política e médica. A mellora da sanidade, o acceso a auga potable, a inmunización contra enfermidades infecciosas e outras medidas de saúde pública poden axudar a reducir a mortalidade infantil.

A mortalidade infantil foi un indicador empregado para monitorizar o progreso nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas para o ano 2015. É un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.

Notas

  1. Infant Mortality Rates in 2008 Arquivado 12 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Population Reference Bureau
  2. Julio Pérez Díaz (21 de novembro de 2010). "Mortalidad intrauterina y mortalidad infantil". Apuntes de demografía (en español). Consultado o 28 de marzo de 2014. Clasificación OMS 
  3. Arquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Causes of infant mortality
  4. UN-DESA (ed.). "Sustainable Development Knowledge Platform". Consultado o 23 de abril de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas